NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


O GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL GDR UTM É UNHA ASOCIACIÓN SEN ÁNIMO DE LUCRO FORMADA POR ASOCIACIÓNS, CONCELLOS, SATs, COOPERATIVAS E OUTRAS ENTIDADES DOS CONCELLOS DE MELIDE, SANTISO, TOQUES, SOBRADO, ARZÚA, TOURO, O PINO, BOIMORTO E VILASANTAR. TEMOS AS PORTAS ABERTAS. SOLICITA A ENTRADA.

NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


Visita turística ó territorio (Galego)




28 abr. 2015

O Queixo D.O.P. Arzúa-Ulloa no Ulla Tambre Mandeo

Un dos produtos locais máis emblemáticos dos dez concellos que compoñen o ámbito xeográfico do GDR Ulla Tambre Mandeo é o queixo D.O.P Arzúa-Ulloa, proba da súa importancia é o feito de levar o nome dunha das nosas bisbarras na súa denominación.
 
A territorio da denominación esténdese ó longo de trinta e tres concellos do interior de Galicia, onde dez dos dezasete que figuran inseridos da provincia de A Coruñas son os que compoñen o UTM. Por outra banda, en Arzúa existe unha festa consolidada de exaltación e promoción deste produto, que xa vai pola súa edición número 40 cun importante éxito de público, é en Melide onde ten a súa sede o Consello Regulador da mesma e, ademais, preto do 60% da produción total da Denominación ten a súa orixe no territorio do Ulla Tambre Mandeo, preto de dous millóns de quilogramos!!

No territorio é o modo de vida de moitas familias de grandes e pequenas explotacións, sexan elaboradores de queixo ou só subministradores do leite de primeira calidade co que se elabora. Contamos con dez queixerías na D.O.P. con orixe no UTM e cun "saber facer" tradicional de numerosas persoas artesanas que o constitúe como un dos elementos importantes na zona a nivel económic, social e de identidade.

Gracias ó secretario-xerente da D.O.P. Arzúa Ulloa poidemos saber que o Ulla Tambre Mandeo conta con dez queixerías dentro da Denominación, as cales, acadan postos moi meritorios nas Catas de Queixos e Meles para premiar a excelencia na elaboración deste produto.

En definitiva, un dos nosos manxares estrela que se agradece na mesa; xa sexa de sobremesa ou como ingrediente para distintos pratos principais, moi saboroso na súa versión suave de maduración usual ou como queixo da nabiza, con preto de doce meses de espera...




24 abr. 2015

Xornada sobre o legado romano da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

 
 
Agardámosvos no Centro Etnográfico do Mandeo para saber máis do legado romano nos concellos de Curtis e Sobrado, parte do territorio do GDR Ulla Tambre Mandeo incluído na Reserva da Biosfera e Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
 
 
 

20 abr. 2015

Produción agroalimentaria de calidade no Ulla Tambre Mandeo

Durante os meses de abril e maio desde o GDR Ulla Tambre Mandeo, coa axuda da Deputación da Coruña, cederalle o protagonismo desta pequena bitácora virtual ós produtos agroalimentarios de calidade que teñen a súa orixe na nosa contorna. Darémoslle cabida a aqueles que xa teñen gañada a súa sona e son a punta de lanza dos manxares do noso territorio, como o Queixo D.O.P. Arzúa-Ulloa ou a Repostería Tradicional de Melide, ou aqueles que aínda non o son tanto pero ben merecen unha aposta pola súa difusíón como é o caso de moitos produtos agroalimentarios que están no mercado co apoio do Leader.

Antes de comezar co repasos ós manxares máis emblemáticos das comarcas de Arzúa e Melide, e os concellos de Curtis e Vilasantar, comezamos a serie facendo un repaso ós elaboradores e elaboradoras que acudiron ó Leader para poñer en marcha os seus proxectos e ofertar un produto de calidade e con bo facer.

Este é o caso de Queixería Santos (Enlace á web) onde o par de irmás que lle da nome co seu apelido, elaboran en Sobrado un queixo a base de leite cru con todo o sabor tradicional deste produto tan galego. No mesmo concello podemos degustar uns embutidos Aldea de Barrio coa mellor materia prima, os porcos que crían en liberdade en dez hectáreas próximas á súa casa (mirade que pinta de felices teñen os porcos! Facebook Aldea de Barrio), e acompañalos co pan de fariña do país cocido en forno de leña de Panadería Naveira, posta en marcha recentemente (Facebook de Panadería Naveira ). E, de sobremesa, podemos acercarnos ata Touro onde na explotación Chousa-Nova, temos á nosa disposición un iogur de primeira calidade elaborado co leite fresco da propia explotación.