NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


O GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL GDR UTM É UNHA ASOCIACIÓN SEN ÁNIMO DE LUCRO FORMADA POR ASOCIACIÓNS, CONCELLOS, SATs, COOPERATIVAS E OUTRAS ENTIDADES DOS CONCELLOS DE MELIDE, SANTISO, TOQUES, SOBRADO, ARZÚA, TOURO, O PINO, BOIMORTO E VILASANTAR. TEMOS AS PORTAS ABERTAS. SOLICITA A ENTRADA.

NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


Visita turística ó territorio (Galego)




16 feb. 2012

Coloquio cos alumnos do Centro de Promoción Rural EFA Piñeiral

Onte, 15 de febreiro de 2012, o equipo técnico desprazouse ata o Centro de Promoción Rural EFA Piñeiral para realizar unha charla-coloquio sobre o desenvolvemento do rural cos alumnos do Ciclo Superior de Xestión Comercial e Marketing e do Ciclo Medio de Panadería, Pastelería e Confitería. Todos eles están participando na actualidade nun proxecto do centro denominado OPILE (Orientación Profesional, Inserción Laboral-Empleo).
O obxectivo principal da charla consistíu en familiarizalos co traballo do GDR e co enfoque Leader transmitíndolles que é imprescindible a implicación de todos no territorio para lograr uns resultados efectivos no ámbito do desenvolvemento rural.
Na sesión, de carácter claramente participativo, os alumnos recibiron información do Programa Leader e do GDR aínda que dedicaron a maior parte do tempo a realizar un traballo práctico de diagnose do territorio, deseño dunha estratexia e definición das actuacións para levala a cabo.
O GDR quere mostrar o seu agradecemento ó equipo do Centro de Promoción Rural EFA Piñeiral por facer posible esta actividade de interacción e debate cos seus alumnos.


2 feb. 2012

Balance do primeiro ano do Programa Leader UTM

O día que se cumpre un ano dende a apertura do período de solicitude das axudas Leader, Ángeles Vázquez, alcaldesa de Melide e María Fernández, xerenta do GDR, acuden á radio local e fan balance da actividade do GDR.

Durante este ano houbo máis de vinte e cinco solicitudes, o cal é un balance moi positivo, se temos en conta a situación económica actual. Non obstante, para poder seleccionar e aprobar as axudas de todos aqueles proxectos que cumpran os requisitos, xeren emprego, sexan responsables co medio ambiente e teñan carácter innovador, será necesario poder aplicar todo o orzamento que Europa ten concedido para este territorio, uns tres millóns e medio de euros.

Tal e como explican Ángeles Vázquez e María Fernández existe a dúbida sobre se parte dos fondos asignados ó Leader do UTM perigan, non obstante o Leader é un dos mellores mecanismos para xerar riqueza e emprego no rural.

No Programa Leader, cunha pequena aportación autonómica, os beneficios no rural multiplícanse por dez, non hai máis que ver os recursos que é capaz de mobilizar. Por cada euro que aporta a Xunta, o Ministerio aporta 1,02 e Europa pon 2,74€. Por exemplo, das axudas aprobadas polo Grupo durante o 2011, por cada euro da Xunta, outros 10,74€ se sumaron ó investimento no rural.

En concreto, a Xunta aportou ó Programa Leader o pasado ano un total neste territorio de 142.614 €, que se traducen en investimentos por un valor total de 1.674.540€, aportando o resto o Ministerio, a UE e o propio promotor. Posto que nin a UE nin o Ministerio puxeron en entredito, a pesar da crise, os fondos do Leader, a ratio 10 a 1 mantense, polo que é máis que probable que a Xunta de Galicia atope os recursos que é necesario aportar para seguir beneficiándose desta ferramenta que Europa nos brinda.

Escoita a entrevista á Alcaldesa de Melide, Ánxeles Vázquez, e á Xerenta do GDR, María Fernández:
Entrevista Radio Melide

O Concello faise eco da noticia:

O Concello de Melide acorda a entrada como asociado do GDR UTM

O Concello de Melide solicitará a entrada no GDR, que será debatida na próxima xunta directiva. Para o GDR é unha "fichaxe" moi importante, pois Melide é o concello que conta con máis poboación (máis de 7.000 habitantes), e, aínda que tiña unha ampla representación no grupo (asociación de empresarios, Melisanto, Fungocerga etc.) a presencia activa do concello tamén é importante para o deseño e aplicación de políticas de desenvolvemento sostible do medio rural no noso territorio.
Tamén a corporación municipal fai unha valoración positiva da súa adhesión, pois tal e como sinala a alcaldesa, Ángeles Vázquez, debe tomar un papel activo e responsable no deseño e planificación do próximo período Leader 2014-2020.

A prensa faise eco da noticia: