NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


O GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL GDR UTM É UNHA ASOCIACIÓN SEN ÁNIMO DE LUCRO FORMADA POR ASOCIACIÓNS, CONCELLOS, SATs, COOPERATIVAS E OUTRAS ENTIDADES DOS CONCELLOS DE MELIDE, SANTISO, TOQUES, SOBRADO, ARZÚA, TOURO, O PINO, BOIMORTO E VILASANTAR. TEMOS AS PORTAS ABERTAS. SOLICITA A ENTRADA.

NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


Visita turística ó territorio (Galego)




25 mar. 2011

Programa de Desenvolvemento Sostible 2010-2014

O Programa de Desenvolvemento Sostible é o documento que concreta o desenvolvemento da Lei 45/2007 de Desenvolvemento Sostible no Medio Rural.
Neste momento está aberto un proceso de participación pública para concretar as actuacións que se acollerán ó Programa no que os GDRs participan canalizando as propostas do territorio.
Asistentes a la reunión de trabajo del Grupo de Desenvolvemento Rural FOTO: Concello de TouroO GDR Ulla Tambre Mandeo está a desenvolver no presente mes de marzo contactos varios e reunións a nivel municipal para actuar de catalizador das propostas da poboación do territorio sobre posibles actuacións a incluir no Progama e que fan referencia a diversos ámbitos: infraestruturas básicas, comunicacións, implantación das TIC, coidado do medio ambiente, seguridade cidadá, etc.
Se alguén está interesado en facer unha proposta que non dubide en poñerse en contacto co GDR ou en cubrir a ficha de participación pública que aparece na páxina web de Agader no seguinte enlace:




8 mar. 2011

Proxecto de cooperación "Camiños de Europa"

Na tarde de onte, 7 de marzo de 2011, a xerenta do equipo técnico do GDR Ulla Tambre Mandeo asistiu a unha reunión na que tamén participaron as compoñentes do equipo técnico do GDR Terras do Deza e o Secretario Xeral do I Cammini D'Europa G.E.I.E, D. Giovanni Pattoneri procedente de Italia. Esta reunión convocouse para discutir a conveniencia da participación do Ulla Tambre Mandeo no proxecto de cooperación de carácter transnacional "Camiños de Europa" na nova fase que se proxecta.
Neste momento a Xunta Directiva do GDR está sendo informada de todos os detalles para poder tomar unha decisión o respecto. Agradecémoslle tanto ó GDR Terras do Deza como ó señor Giovanni Pattoneri o seu interese en colaborar co noso GDR no desenvolvemento deste tipo de proxectos.

3 mar. 2011

Convocatoria de Asemblea Xeral

O dez de marzo de 2011 o GDR celebrará a Asemblea Xeral á que se espera que asistan os 130 membros que na actualidade compoñen o Ulla Tambre Mandeo. Os puntos que se tratarán están reflexados na seguinte orde do día:
1. Aprobación da memoria de actividades desenvolvidas durante o pasado ano 2010
2. Aprobación de actividades previstas para o ano 2011
3. Aprobación de contas e informe económico
4. Aprobación do orzamento do 2011
5. Ratificación de cargos da Xunta Directiva
6. Proposta de modificación dos estatutos da Asociación
7. Outros asuntos.
Unha vez rematada  a Asemblea Xeral celebrarase unha degustación de aperitivos elaborados con produtos locais no que participaron provedores dos dez concellos que conforman o GDR Ulla Tambre Mandeo.
O horario será o que segue:

20.15 h. Celebración da Asemblea Xeral (1ª convocatoria).
20.45 h. Celebración da Asemblea Xeral (2ª convocatoria).
21.45 h. Degustación de produtos locais.

Proxectos de Cooperacion Estatal

A partires da reunión celebrada en Lalín o 16 de febreiro e organizada pola Rede Estatal de Desarrollo Rural (REDER) o Ulla Tambre Mandeo tivo coñecemento da bolsa de proxectos de cooperación que se espera presentar á convocatoria estatal de cooperación interterritorial.
A bolsa de proxectos presentada polo REDER aglutina temáticas moi distintas: a micoloxía, os novos pobladores do medio rural, a silvicultura como xeradora de emprego, as localidades turísticas sostibles, etc.
Neste momento, o equipo técnico coa supervisión da Xunta Directiva está a seleccionar aqueles que considera que se axeitan máis á estratexia do Programa de Desenvolvemento Rural do Ulla Tambre Mandeo e, o mesmo tempo, son máis coherentes cos seus recursos e necesidades.