NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


O GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL GDR UTM É UNHA ASOCIACIÓN SEN ÁNIMO DE LUCRO FORMADA POR ASOCIACIÓNS, CONCELLOS, SATs, COOPERATIVAS E OUTRAS ENTIDADES DOS CONCELLOS DE MELIDE, SANTISO, TOQUES, SOBRADO, ARZÚA, TOURO, O PINO, BOIMORTO E VILASANTAR. TEMOS AS PORTAS ABERTAS. SOLICITA A ENTRADA.

NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


Visita turística ó territorio (Galego)




16 jun. 2014

Tarde de diversión na presentación do libro "Os Bolechas van ás Terras do Ulla Tambre e Mandeo"

Na tarde do pasado venres, na Escola de Agricultura Ecolóxica de Vilasantar, tivo lugar a presentación do último libro dos Bolechas; Os Bolechas van ás Terras do Ulla Tambre e Mandeo.
 
Como o seu título indica, nesta nova aventura Carlos, Loli, Pili, Braulio, Sonia, Tatá e Chispa visitan os dez concellos do territorio do GDR (comarca de Arzúa, comarca de Melide, Curtis e Vilasantar) coñecendo de preto a produción e gastronomía local así como o principal patrimonio natural e cultural do mesmo. Do mesmo xeito, neste novo libro, os seis irmáns familiarizanse coa labor e obxectivos da Asociacións, ente xestor do Programa Leader para o desenvolvemento do rural.
 
No acto estiveron presentes varios membros da Xunta Directiva do GDR así como o autor dos Bolechas, Pepe Carreiro, que fixo as delicias dos preto de setenta nenos e nenas que acudiron á presentación ensinándolles como debuxar ós coñecidos personaxes de ficción infantil e dedicándolle a cada asistente un exemplar do libro, repartidos entre os asistentes.
 
Por outra banda, os nenos e nenas aproveitaron a ocasión para visitar as instalacións da Escola de Agricultura Ecolóxica de Vilsantar, visitando ós animais da granxa e aprendendo sobre os cultivos postos en marcha da man do persoal encargado.
 







9 jun. 2014

Presentación do libro: Os Bolechas van ás Terras do Ulla Tambre e Mandeo


O vindeiro venres 13 de xuño, ás 17.00 horas, presentaremos na Escola de Agricultura Ecolóxica de Vilasantar o novo libro dos Bolechas, no que coñecen de preto os dez concellos que compoñen o territorio do GDR Ulla Tambre Mandeo.
 
No acto, pensado especialmente para os máis pequenos e pequenas, contaremos coa presenza do autor e debuxante da saga, Pepe Carreiro, e do coche dos Bolechas.
 
Ademais, repartiranse exemplares gratuítos do libro entre os asistentes á presentación, que, de igual xeito, poderán aproveitar a tarde de lecer para coñecer a Escola de Agricultura Ecolóxica de Vilasantar.
 
Agardámosvos!!