NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


O GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL GDR UTM É UNHA ASOCIACIÓN SEN ÁNIMO DE LUCRO FORMADA POR ASOCIACIÓNS, CONCELLOS, SATs, COOPERATIVAS E OUTRAS ENTIDADES DOS CONCELLOS DE MELIDE, SANTISO, TOQUES, SOBRADO, ARZÚA, TOURO, O PINO, BOIMORTO E VILASANTAR. TEMOS AS PORTAS ABERTAS. SOLICITA A ENTRADA.

NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


Visita turística ó territorio (Galego)




22 nov. 2015

Manxares: Feira Agroalimentaria de Galicia. Reserva o teu stand

Dende o GDR Ulla Tambre Mandeo organizamos, anualmente, en colaboración co Concello de Melide, unha feira cos produtos locais de calidade, que pretende animar á xente a poñer na mesa do Nadal, produto galego da pequena industria local. Así, na feira hai queixos, embutidos, melindres, licores, marmeladas, setas, pan e empanadas...
 
Este ano gustaríanos contar cunha mostra de todo o rural galego, e por iso temos o prazo aberto para que, se tes unha empresa agroalimentaria no rural e queres dar a coñecer o teu produto, nos chames ou nos envíes un correo para reservar stand. Por favor, envía xunto co nome da empresa, o produto que vendes, a persoa resposable e o teléfono. O prazo para inscribirse remata o día 30 de novembro.
 
A tódolos expositores se lles ofrece, de forma gratuíta, un stand de 3 metros de ancho (que poden ser 2, se así o solicitan), por 2 de fondo, con punto de luz. Se o piden tamén se lles pode poñer un mostrador.

O horario da feira é o sábado 12 de decembro de 16:00 a 20:00 e o domingo de 10:00 a 16:00 horas. Pola mañá faise a montaxe para telo todo listo ás 15:00.

A feira celébrase no Palacio de Congresos de Melide, un recinto pechado. Pola noite hai vixiancia.

Para elixir stand: dentro de cada zona, os expositores elixirán o seu stand por orden de inscrición.

Podes contactar con nós a través do correo electrónico: utm23gdr@yahoo.es ou no teléfono 981.511.377
 
 

 

18 nov. 2015

FIN DO LEADER 2007-2013

Despois de cinco anos de actividade, o Leader presentou onte o seu último expediente para o pagamento da subvención. Posto que o día 13 rematou o prazo para emitir resolucións de concesión de axudas, e o día 15 o prazo para xustificar os investimentos do último proxecto que o GDR Ulla Tambre Mandeo tiña aprobado, damos por finalizado o Leader 2007-2013.

Este foi un ano no que temos que felicitar as empresas beneficiarias das axudas Leader, porque xustificaron os investimentos en prazo e forma, sen sustos de última hora, con formalidade e seriedade. Esperamos e desexámoslle que teñan unha boa traxectoria, que vivan do seu negocio no rural, con dignidade e calidade de vida.

Sentimos non poder apoiar máis iniciativas. Houbo proxectos moi interesantes que se quedaron na lista de agarda, sen solución, debido en parte a gran celeridade e efectividade dos que tiñan a axuda aprobada. Porque outros anos houbo renuncias ou certificacións á baixa, que permitiron, no último momento, destinar fondos a proxectos en reserva. Este ano, e contra todo pronóstico (pois había prazos realmente axustados), certificouse e agotouse o 100% do orzamento do GDR, 808.000 euros. O orzamento máis elevado destes últimos anos.

A moitos máis, pero sobre todo a Alberto de Agroforestal González Chento, a Tito e a Manuel de pellets e biomasa Cabado, e a Andrea de Doces Mamá Teresa, queremos manifestarlles a nosa tristeza por non ter podido apoiar a posta en marcha dos seus negocios. Realmente para o GDR tería sido un orgullo, porque son empresas de xente nova, que as pon en marcha con esforzo, e que para nós serían proxectos estrela. Esperemos que no próximo Leader 14-20 teñades outras iniciativas, igual de interesantes, e que nós poidamos, esta vez sí, botarvos unha man.

FOI UN PRACER!!!