NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


O GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL GDR UTM É UNHA ASOCIACIÓN SEN ÁNIMO DE LUCRO FORMADA POR ASOCIACIÓNS, CONCELLOS, SATs, COOPERATIVAS E OUTRAS ENTIDADES DOS CONCELLOS DE MELIDE, SANTISO, TOQUES, SOBRADO, ARZÚA, TOURO, O PINO, BOIMORTO E VILASANTAR. TEMOS AS PORTAS ABERTAS. SOLICITA A ENTRADA.

NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


Visita turística ó territorio (Galego)




29 ago. 2012

Charlas informativas para a creación de SOFOR

Dentro da medida de difusión, o GDR organiza na semana próxima as primeiras dunha serie de reunións informativas sobre as SOFOR, que teñen como obxectivo a constitución dunha destas sociedades.
Tras a análise do territorio por parte dos asociados do GDR, determináronse tres zonas óptimas para a creación dunha SOFOR, e eses serán os tres puntos onde se desenvolverán as charlas. Non obstante, calquera interesado do Ulla Tambre Mandeo pode achegarse ó punto máis cercano a informarse sobre esta figura de xestión do monte.
As SOFOR son sociedades limitadas formadas por propietarios de parcelas forestais, que se constitúen para mellorar a xestión do monte e a súa rendibilidade. O propietario conserva a propiedade, pero cede o uso á S.L. durante un período de 25 anos. Para a súa constitución debe haber unha superficie mínima de terreno adscrito, que varía dependendo das especies arbóreas plantadas (15 hectáreas para froito, 25 para caducifolias e 50 para piñeiros ou eucaliptos).
Calquera propietario forestal pode obter máis información acudindo ás charlas que o GDR imparte a semana próxima.
DÍA 4 DE SETEMBRO, MARTES, ÁS 17:00 HORAS EN NOVELA (SANTISO):

DÍA 5 DE SETEMBRO, MÉRCORES, ÁS 19:00 HORAS, EN MACEDA (MELIDE)

DÍA 6 DE SETEMRO, XOVES, ÁS 11:30 HORAS, EN FOXADO (CURTIS):

20 ago. 2012

Entrevista á xerenta de ADERCOU

O pasado 12 de xullo o Espazo Leader dedicou o seu tempo a realizar unha entrevista á xerenta do GDR ADERCOU, Beatriz Martínez. O Grupo no que desenvolve as súas funcións Beatriz conta con once concellos no seu ámbito de actuación, todos eles pertencentes á comarca de Ourense.
O equipo técnico de ADERCOU é un dos máis implicados na organización e desenvolvemento do Congreso "Desenvolvemento Rural e Leader no horizonte 2014/2020", promovido pola Asociación que agrupa como asociados ós 31 GDRs que existen no territorio galego. 
O Congreso celebrarase no videiro mes de novembro e foi presentado nun acto celebrado o pasado 13 de xullo ó que asistiron, entre outros, o Director Xeral  de Agader e o Presidente da Asociación de GDRs de Galicia.
Esta iniciativa conta cun obxectivo dobre, por unha banda, visibilizar o papel e os beneficios do Leader en Galicia así como o traballo dos distintos GDRs galegos e, pola outra, analizar a situación actual do rural para a vindeira programación europea.

Podedes escoitar a súa entrevista no seguinte enlace:


ESPAZO LEADER 12 DE XULLO





9 ago. 2012

GDR: novos acordos, novas actividades

O pasado 5 de xullo a xerenta do GDR, María Fernández, fixo un completo resumo da actualidade que se está a vivir no Ulla Tambre Mandeo.

Foi un mes cheo de novas como, por exemplo, a dotación de fondos extraordinarios da que tivo coñecemento a Asociación e que obrigou á Xunta Directiva a tomar acordos urxentes: activar os actuais expedientes en reserva para resolver as súas axudas, facer un modificación de fondos entre medidas subvencionables para unha correcta distribución e, finalmente, aprobar novos expedientes en reserva.

Todas estas accións encamíñanse nun único obxectivo: chegar coas axudas do Leader a maior cantidade de persoas posibles e facer a mellor xestión posible dos fondos asignados.

Do mesmo xeito, María Fernández, falou de todas aquelas iniciativas que está levando a cabo o GDR en outros ámbitos, iniciativas para lograr a mellora do territorio como destino turístico e o fomento da utilización do monte da maneira máis profesional posible; ambos obxectivos son de gran interese para a zona e enchen ás persoas que forman parte do GDR de ilusión cara ó futuro.

Podedes escoitar o programa no seguinte enlace:





8 ago. 2012

Vídeo promocional dos alumnos do curso de marketing para profesionais do turismo

Os alumnos do curso de marketing coñecen perfectamente as marabillas do territorio do Ulla Tambre Mandeo, e por iso gravaron este simpático vídeo nunha das sesións do curso. Os avances na comercialización conxunta están sendo incribles, en breve os resultados serán tanxibles.

Vídeo promocional do territorio Ulla Tambre Mandeo

E por se queres ir abrindo boca, e pasar un día inesquecible por estas terras, aquí che deixamos un percorrido cheo de experiencias 3.0. Os profesores do curso xa viviron a triE-moción. E ti, queres vivila?

Un día de triE-mociones no Ulla Tambre Mandeo