
Durante os meses de abril e maio desde o GDR Ulla Tambre Mandeo, coa axuda da Deputación da Coruña, cederalle o protagonismo desta pequena bitácora virtual ós produtos agroalimentarios de calidade que teñen a súa orixe na nosa contorna. Darémoslle cabida a aqueles que xa teñen gañada a súa sona e son a punta de lanza dos manxares do noso territorio, como o Queixo D.O.P. Arzúa-Ulloa ou a Repostería Tradicional de Melide, ou aqueles que aínda non o son tanto pero ben merecen unha aposta pola súa difusíón como é o caso de moitos produtos agroalimentarios que están no mercado co apoio do Leader.
Antes de comezar co repasos ós manxares máis emblemáticos das comarcas de Arzúa e Melide, e os concellos de Curtis e Vilasantar, comezamos a serie facendo un repaso ós elaboradores e elaboradoras que acudiron ó Leader para poñer en marcha os seus proxectos e ofertar un produto de calidade e con bo facer.

Este é o caso de Queixería Santos (
Enlace á web) onde o par de irmás que lle da nome co seu apelido, elaboran en Sobrado un queixo a base de leite cru con todo o sabor tradicional deste produto tan galego. No mesmo concello podemos degustar uns embutidos Aldea de Barrio coa mellor materia prima, os porcos que crían en liberdade en dez hectáreas próximas á súa casa (mirade que pinta de felices teñen os porcos!
Facebook Aldea de Barrio), e acompañalos co pan de fariña do país cocido en forno de leña de Panadería Naveira, posta en marcha recentemente (
Facebook de Panadería Naveira ). E, de sobremesa, podemos acercarnos ata Touro onde na explotación Chousa-Nova, temos á nosa disposición un iogur de primeira calidade elaborado co leite fresco da propia explotación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario