NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


O GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL GDR UTM É UNHA ASOCIACIÓN SEN ÁNIMO DE LUCRO FORMADA POR ASOCIACIÓNS, CONCELLOS, SATs, COOPERATIVAS E OUTRAS ENTIDADES DOS CONCELLOS DE MELIDE, SANTISO, TOQUES, SOBRADO, ARZÚA, TOURO, O PINO, BOIMORTO E VILASANTAR. TEMOS AS PORTAS ABERTAS. SOLICITA A ENTRADA.

NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


Visita turística ó territorio (Galego)




31 may. 2012

A radio municipal de Melide estrea Espazo Leader

A partir desta semana o GDR Ulla Tambre Mandeo utilizará unha nova ferramenta de comunicación para a difusión do Programa Leader e do territorio, O ESPAZO LEADER en Radio Melide.

Un programa semanal, ESPAZO LEADER, que vos informará das novidades do programa Leader, das actividades do GDR UTM, e que terá ademais entrevistas con promotores de ideas e proxectos, xerentes doutros grupos, membros da Xunta Directiva e moito máis.

Esperamos conseguir transmitirvos un pouco da filosofía Leader con esta pequena intervención, e contaxiarvos un pouco as gañas de contribuír ó desenvolvemento rural. Nós, vos e o entorno no que vivimos temos moito que ofrecer, e a nova programación do Leader no horizonte 2014-2020 está a volta da esquina.

É traballo de todos aproveitar as ferramentas que Europa pon ó noso alcance para a mellora do noso medio.
Escoitade ESPAZO LEADER do GDR Ulla Tambre Mandeo todos os xoves ás 11.10 horas en Radio Melide na frecuencia 107.1 da FM.


25 may. 2012

Éxito dos seminarios de emprendemento cooperativo

O GDR dedica esta semana ó fomento do coopeativismo, con base nesta iniciativa celebrouse o mércores un seminario en Melide e onte, xoves 24 en Touro.
Dende o GDR queremos agradecer o interese amosado por todos os asistentes así como a súa participación no desenvolvemento dos mesmos; agardamos que todas as persoas que nos acompañastes nas xornadas atoparades os temas tratados de utilidade e que a información recibida vos axude para poder iniciar ou continuar o camiño do autoemprego.

Podedes atopar información sobre os seminarios nos seguintes enlaces da prensa:


As participantes no exercicio práctico

A xerenta María Fernández explica os obxectivos do seminario



22 may. 2012

CONCURSO EUROPEO DE FOTOGRAFÍA

O GDR UTM participa no concurso europeo de fotografía organizado pola ENRD. O obxectivo é retratar a vida no rural europeo. Dous son os fotográfos do noso territorio que se animaron a participar neste concurso, Ana García Turnes e José Luís Fernández Esteller. Enviamos un total de 18 fotografías, a cada cal máis fermosa, que retratan dende o entroido da zona, cos Xenerais do Ulla de Fao, ata os nosos muíños que ensinan a riqueza hídrica de Galicia, o dinamismo xuvenil dos mozos nunha ruta de BTT ou xogando ó balón, os vellos que continúan traballando a terra tras unha longa vida de traballo... Todo unha mostra representativa do que é a vida aquí no rural. Animádevos a buscar as nosas fotos entre todas as participantes e disfrutade da beleza do entorno rural de toda Europa:
GALERÍA DE IMAXES DO CONCURSO EUROPEO DE FOTOGRAFÍA

Por se queredes ir directos a algunhas das nosas fotos aquí vos deixamos o enlace:
Unha das fotos que participa, o espíritu do rural representado na sonrisa da nosa técnica María:
María Mellid posando para o concurso na categoría espíritu Leader

Xente do rural:
O avó por J. L. Fernández Esteller
Debullando por J.L. Fernández Esteller
Sachando na horta por Ana García Turnes

Medioambiente:
Cabalo salvaxe nunha plantación de pinos por Ana G. T.
Muíño de auga por J.L. Fdez Esteller
Paisaxe en Touro por Ana G. Turnes

Emprego:
Muxido matutino de Ana G.T.
Queixo Arzúa-Ulloa por J.L. F. Esteller
Tractores ensilando por Ana G.T.

Diversidade e vida no rural:
Ruta de sendeirismo polo Pino de Ana G.T.
Alfombra de flores no Corpus de Ana G.T.

Xente nova:
BTT en Touro de Ana G.T.
Xogando no xardín de Ana G.T.








15 may. 2012

Seminarios sobre emprendemento cooperativo

A vindeira semana celebraranse no territorio do Ulla Tambre Mandeo dúas xornadas formativas sobre o emprendemento cooperativo que se impartirán o mércores 23 de maio no Telecentro Melisanto de Melide e o xoves 24 no edificio do Concello de Touro.
Os seminarios están organizados polo GDR Ulla Tambre Mandeo en colaboración  coa Rede Eusumo e cos entes territoriais asociados; están dirixidos especialmente a aquelas persoas que desenvolven o seu traballo no fogar, xa sexa no ámbito do coidado das persoas ou da limpeza dos fogares.
O obxectivo xeral da xornada é contribuír á creación de empresas de carácter cooperativo no territorio posto que no difícil momento económico no que nos atopamos, caracterizado polo alto nivel de desemprego, a formación de cooperativas e o emprendemento postúlanse como unha das perspectivas de futuro máis prometedoras.

A continuación, resúmese o programa da vindeira semana:
Data: 23 de maio de 2012.
Horario: 16:30 h.
Lugar:  Telecentro Melisanto.  Rúa Codeseira, 38-40. 15800 Melide.


Data: 24 de maio de 2012.
Horario: 16:30 h.
Lugar:  Edificio do Concello de Touro.  Lg. Fonte-Díaz. 15822 Touro.

Cartel Seminario Melide

Cartel Seminario Touro

2 may. 2012

Progreso nos negocios con axudas Leader

Pouco a pouco consolídanse os novos negocios beneficiarios de axudas Leader no territorio da man do GDR Ulla Tambre Mandeo.
No seguinte enlace podedes atopar información sobre o tanatorio que, en breve, abrirá as súas portas no concello de Touro para ofertar un novo servizo ós seus residentes.

Terras de Santiago

Xunta Directiva do GDR

O pasado xoves 26 de abril tivo lugar unha Xunta Directiva do GDR na que, como é habitual, se tomaron diversos acordos relativos a aprobación de diversos proxectos.

No tocante ós non produtivos aprobáronse tres proxectos de tres concellos do territorio do GDR Ulla Tambre Mandeo, dous deles promovidos polos concellos de Touro e Toques dedicados á dinamización turística dos seus respectivos municipios e o terceiro promovido polo concello de Curtis e dedicado á construción dunha unidade residencial para as persoas maiores ou dependentes.

En relación ós proxectos produtivos, a Xunta Directiva aprobou unha axuda Leader para un proxecto de produción e comercialización de árbores ornamentais no concello de Santiso, este proxecto promovido por Agro das Sebolas SL, básase na instauración dun novidoso sistema de plantación que permite acelerar o crecemento das árbores e facilitar o proceso de extracción.
Pese ás limitacións orzamentarias que está a sufrir o vixente Programa e que supoñen o agotamento de fondos na Medida 413 de diversificación económica do UTM a Xunta Directiva aprobou un proxecto en reserva no seo desta medida para dar continuidade ó procedemento, o devandito proxecto está promovido por un profesional do sector forestal do concello de Touro e consiste na adquisición dun equipo procesador de madeira para o proceso do tallado e extracción do monte.

Por outra banda, na Xunta Directiva tamén se aprobaron distintas iniciativas propias do GDR con base na súa labor de difusión do territorio. En concreto, aprobáronse dúas iniciativas; a primeira delas co obxectivo de promocionar os produtos hortícolas de produtores locais e a segunda co obxectivo de mellorar a formación dos profesionais do sector turístico local.

Podedes atopar esta información nos seguintes enlaces da prensa.

El Correo Gallego

Terras de Santiago