NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


O GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL GDR UTM É UNHA ASOCIACIÓN SEN ÁNIMO DE LUCRO FORMADA POR ASOCIACIÓNS, CONCELLOS, SATs, COOPERATIVAS E OUTRAS ENTIDADES DOS CONCELLOS DE MELIDE, SANTISO, TOQUES, SOBRADO, ARZÚA, TOURO, O PINO, BOIMORTO E VILASANTAR. TEMOS AS PORTAS ABERTAS. SOLICITA A ENTRADA.

NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


Visita turística ó territorio (Galego)




19 sept. 2017

Curso de elaboración de queixo como produtor lácteo tradicional

Aberto o prazo de inscrición para o curso de produtor lácteo tradicional. O obxectivo é aprender a facer un queixo con leite cru, das nosas explotacións, propias ou cercanas, e poder vendelo dunha forma legal.
Dende sempre as mulleres fixeron o queixo na cociña das casas, pola noite, ó calor da lareira. Eses queixos eran para a familia e sempre se venderon os excedentes.
Hoxe en día pódese facer o mesmo, como complemento de renda, ou ben, cunha pequena reforma, pódese destinar un cuarto da casa á elaboración de queixo artesanal, cunha produción simultánea duns 20 queixos.
Calquera destas opcións son as que se van dar neste curso, de 20 horas de duración, que se desenvolverá na primeira semana de outubro de luns a venres pola mañá.

INSCRÍBETE XA CHAMANDO Ó GDR: 981.511.377

23 ago. 2017

Curso de axudante de granxa



PRAZO DE INSCRICIÓN ATA O 1 DE SETEMBRO

O Grupo de Desenvolvemento Rural organiza un curso de Axudante de granxa cunha clara orientación ó emprego. Os membros de moitas explotacións leiteiras teñen dificultades para coller un día libre, mesmo nos eventos familiares, como vodas ou comunións, e tamén para coller vacacións.
Para facerse responsable dunha granxa durante uns días fai falta coñecementos sobre os animais e sobre o funcionamento da explotación, coñementos que serán impartidos neste curso.
Ademais haberá unhas horas de formación dedicadas ás novas tecnoloxías no sector primario postas ó servicio do medio ambiente.
As clases teóricas serán impartidas nas instalacións de Melisanto, e aí se potenciará a relación entre titulares de explotacións e alumnado, nun primeiro contacto non formal que, esperemos, derive nunha relación contractual.
As prácticas se farán nas granxas que teñan necesidade deste servizo.
O obxectivo do curso é formar a 20 axudantes de granxa que posteriormente se empreguen neste servizo, ben como asalariados, ou ben por conta propia.

23 feb. 2017

Desde o 31 de xaneiro pódense solicitar as axudas Leader 2014-2020 xestionadas polo GDR Ulla Tambre Mandeo,no seu ámbito xeográfico: Arzúa, Boimorto, Melide, O Pino, Santiso, Sobrado, Toques, Touro e Vilasantar.
Nesta nova programación as axudas están dirixidas tanto a proxectos produtivos de diversos ámbitos (mellora da eficiencia enerxética nas explotacións agrarias así como diversificación cara outras actividades non agrarias, transformación de produtos agrarios ou forestais e creación e modernización de pequenas e medianas empresas non agrarias), como a proxectos non produtivos de interese público ou colectivo, promovidos por entidades públicas ou de carácter privado.
Prazo de solicitude: Ata o 31 de marzo de 2017.
Requisitos dos proxectos: a) Estar localizados no territorio do GDR, b) Ser viables técnica, económica e financeiramente para os proxectos produtivos e técnica e financieramente para proxectos non produtivos, c) Axustarse á normativa sectorial que resulte de aplicación, d) Non estar iniciados, e) Ser finalistas.
Poderán ser beneficiarios das axudas: a) as persoas físicas e xurídicas de carácter privado, b) as entidades públicas de carácter local ou comarcal: concellos, mancomunidades, consorcios e entidades dependentes das anteriores, c) as comunidades de montes veciñais en man común e as súas mancomunidades.
Intensidade da axuda:
            - para proxectos produtivos, entre un mínimo do 15% e un máximo dun 50% dos gastos subvencionables; sometido ó baremo de valoración do GDR e respectando os límites máximos de contía da axuda segundo as bases reguladoras.
            - para proxectos non produtivos, entre un mínimo do 30% e un máximo dun 90% dos gastos subvencionables, segundo se encadre a tipoloxía do proxecto nunha ou outra prioridade da EDL (alta, media ou baixa); sometido ó baremo de valoración do GDR e respectando os límites máximos de contía da axuda segundo as bases reguladoras.
Todas aquelas persoas físicas ou xurídicas que desexen promover un proxecto empresarial (produtivo) ou aquelas entidades públicas ou de carácter privado que desexen promover un proxecto non produtivo de interese colectivo, poden dirixirse ó GDR Ulla Tambre Mandeo  para recibir asesoramento a través do seguinte contacto:
Avenida de Lugo, 41 O Pedrouzo-Arca. 15821 O Pino
Teléfono: 981 511 377
Correo electrónico: utm23gdr@yahoo.es
 
 

22 feb. 2017

Notas finais proceso selectivo de Xerente GDR Ulla Tambre Mandeo

Notas Finais segundo a valoración dos aspectos presentados nas bases que rexen a convocatoria do proceso selectivo para a contratación por obra e servizo dos postos de xerente e técnico.