NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


O GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL GDR UTM É UNHA ASOCIACIÓN SEN ÁNIMO DE LUCRO FORMADA POR ASOCIACIÓNS, CONCELLOS, SATs, COOPERATIVAS E OUTRAS ENTIDADES DOS CONCELLOS DE MELIDE, SANTISO, TOQUES, SOBRADO, ARZÚA, TOURO, O PINO, BOIMORTO E VILASANTAR. TEMOS AS PORTAS ABERTAS. SOLICITA A ENTRADA.

NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


Visita turística ó territorio (Galego)




11 nov. 2011

Celebración da xornada "Técnicas participativas de dinamización no ámbito agroforestal"

No día de onte, xoves 10 de novembro, tivo lugar unha actividade de formación sobre a dinamización no sector agroforestal organizada pola Asociación de GDRs de Galicia no territorio do GDR Ulla Tambre Mandeo.
Principalmente dirixida ós actores e técnicos que desenvolven as súas actividades no sector da dinamización e do desenvolvemento rural e local, a xornada discurriu cun desenvolvemento eminentemente práctico e demostrativo.
A través de distintas actividades os asistentes puideron familiarizarse e poñer en práctica diferentes métodos para levar a cabo un proceso participativo con éxito á hora de dinamizar un territorio. Aínda que se mantivo o enfoque no ámbito agroforestal que é onde se demandan máis accións deste tipo, as técnicas explicadas son facilmente extrapolables a outros ámbitos da vida social.
Desde o Ulla Tambre Mandeo queremos agradecer á Asociación de GDRs de Galicia o feito de celebrar esta xornada no noso territorio e agardamos que a todos os presentes lles resultase de utilidade para desenvolver as súas actividades futuras.


4 nov. 2011

XORNADA FORMATIVA 21-23 NOVEMBRO

Tanto o equipo técnico do GDR como unha parte dos membros da Xunta Directiva estarán, durante os días 21, 22 e 23 de novembro, mellorando as súas capacidades nunha actividade formativa, polo que A OFICINA DO GDR PERMANECERÁ PECHADA.
Rogamos desculpen as molestias.

3 nov. 2011

Selección de proxectos na Xunta Directiva do GDR

O día 26 de outubro celebrouse a Xunta Directiva do GDR se aprobaron dúas novas axudas do Plan Leader. Unha delas está situada no concello de Boimorto, e consiste na creación dun viveiro forestal que comercializará castiñeiros que producirá a través de plantas nai. O investimento, entre o acondicionamento do viveiro, e adquisición de maquinaria forestal que dará servizo tanto a clientes coma ó propio negocio, supera os 130.000 euros. A subvención concedida está próxima ó 35%. A Xunta Directiva valorou moi positivamente este proxecto, que valoriza os produtos autóctonos de Galicia. Está promovido pola empresa Río Queiro SL na que o único socio propietario é un mozo emprendedor de 27 anos.
O segundo proxecto que se aprobou nesta xuntanza está situado en Melide, promovido pola empresa Cervisa S.L. Cervisa, en funcionamento dende o ano 2008, está dedicada á fabricación de estruturas metálicas, e os promotores pretenden, con investimentos que roldan os 600.000 euros, converterse nunha das empresas máis modernas de Galicia no sector. Este proxecto creará dous novos postos de traballo, que se sumarán os cinco cos que xa conta na actualidade. A subvención concedida é do 28%.
O GDR Ulla Tambre Mandeo cerra este ano coa aprobación, polo tanto, de dúas iniciativas de xente nova, que contribúen a xerar emprego e fixar poboación no rural.