NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


O GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL GDR UTM É UNHA ASOCIACIÓN SEN ÁNIMO DE LUCRO FORMADA POR ASOCIACIÓNS, CONCELLOS, SATs, COOPERATIVAS E OUTRAS ENTIDADES DOS CONCELLOS DE MELIDE, SANTISO, TOQUES, SOBRADO, ARZÚA, TOURO, O PINO, BOIMORTO E VILASANTAR. TEMOS AS PORTAS ABERTAS. SOLICITA A ENTRADA.

NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


Visita turística ó territorio (Galego)




26 sept. 2013

Manxares.com

O GDR acaba de estrear a súa páxina web de produtos agroalimentarios locais de calidade, www.manxares.com Con ela preténdese dar a coñecer un pouquiño máis a riqueza gastronómica do territorio do Ulla Tambre Mandeo. Na rede non se pode probar, pero esperamos que vos entren as ganas e vos acheguedes á nosa terra.
E por suposto, temos una pestaña para o Teu Horticultor Ideal, se vives na Coruña, estás de sorte! podes solicitar que che leven unha cesta á túa casa con moitos destes ricos alimentos. Non tes máis que poñerte en contacto con Melisanto para comezar a recibila!
Visita a páxina e descubre todo o sabor que hai no Ulla Tambre Mandeo!!!
 

E se queres descubrir algo máis sobre as persoas que están detrás destas interesantes iniciativas, escoita o Come e Fala dedicado a estes produtos:

Come e Fala da Radio Galega. 25 de agosto


24 sept. 2013

Unha xornada festiva no GDR coa presentación do seu documental divulgativo


O pasado venres 20 de setembro, no Centro Cultural Luís Seoane de O Pino, o Grupo de Desenvolvemento Rural Ulla Tambre Mandeo presentou o seu documental divulgativo protagonizado polos máis pequenos e pequenas  do territorio.
Á presentación acudiron moitos dos actores e actrices protagonistas, ademais de outras persoas interesadas en asistir ó estreo.
Ademais da proxección tanto do documental como dun breve vídeo turístico onde se recolle parte do incrible patrimonio cultural e natural do territorio, a xornada completouse coas actividades lúdicas programadas pola Asociación Xuvenil Feitizo de O Pino, que preparou para nenos e nenas distintos obradoiros de reciclado e xogos populares, ademais dunha saborosa merenda.
Un dos obxectivos que procura o GDR coa realización desta rodaxe é o de fomentar a participación da poboación local nas súas iniciativas e amosar a pequenos e maiores o traballo e esforzo de moitas persoas por revitalizar o rural, avanzar no seu desenvolvemento e deixar un relevo digno do noso patrimonio e cultura.
 





 

Durante as tres xornadas de rodaxe, levadas a cabo entre xullo e agosto, distintos rapaces e rapazas do territorio entre os 3 e 18 anos visitaron, acompañados do equipo técnico do GDR, a totalidade dos proxectos beneficiarios de axudas Leader desde o ano 2011 ata o momento actual.
Deste xeito, os propios promotores e promotoras explicaron ós pequenos participantes todos os detalles dos seus respectivos negocios e contáronlles a súa experiencia como emprendedores e emprendedoras, así como o papel que xogou tanto o Programa Leader como o Grupo de Desenvolvemento Rural Ulla Tambre Mandeo na posta en marcha das súas iniciativas.

Queremos agradecer a  colaboración e traballo de todas aquelas persoas, pequenos e maiores, que participaron tanto na rodaxe do documental.

Foi para nós moi agradable e agradecido poder amosarlles en qué consiste o traballo do GDR Ulla Tambre Mandeo.



video
 
 
 
 
 
 
 
 

17 sept. 2013

PRESENTACIÓN DO DOCUMENTAL DO GDR ULLA TAMBRE MANDEO

O vindeiro venres 20 de setembro de 2013 preséntase, no Centro Cultural Luís Seoane de o Pino, o documental do GDR protagonizado polos máis pequenos dos nosos dez concellos.
 
Coñece a Asociación, o Leader 2007-2013 e os proxectos innovadores do ámbito xeográfico do Ulla Tambre Mandeo da man dos mellores e máis sinceros observadores: os nenos e nenas do territorio!
 
Reserva a túa entrada no enderezo electrónico documental.gdr@gmail.com!!
 
 
 

2 sept. 2013

Éxito de asistencia ás Hortas Abertas do GDR Ulla Tambre Mandeo!

 
O pasado sábado, 31 de agosto, gracias á hospitalidade de varios produtores e produtoras agroalimentarias do territorio, celebramos as Xornadas de Hortas Abertas.

A través deste orixinal evento, preto de 70 persoas residentes na cidade de A Coruña puideron coñecer in situ as hortas do concello de Santiso, orixe das verduras e hortalizas que varias empresas do territorio, lideradas pola Cooperativa Melisanto, comercializan a domicilio desde fai un ano en A Coruña.
Este servizo de comercialización de cestas a domicilio tivo como punto de partida a iniciativa promocional Citas Expréss: atopa ó teu horticultor ideal, que promovemos o pasado 15 de setembro. Actualmente, distintas empresas agroalimentarias do territorio se uniron a esta iniciativa polo que actualmente, ademais de verduras, hortalizas e cogomelos, as cestas inclúen: repostería tradicional de Melide, Queixo DOP Arzúa-Ulloa, marmeladas, galos de curral, etc.

O itinerario completouse coa visita ás instalacións da sección de horta da Cooperativa Melisanto e da SAT Fungocerga en Melide, onde se montan e facturan as cestas do Teu Horticultor Ideal, así como a outras empresas e lugares de interese como, por exemplo, a granxa Aldea de Barrio de Sobrado e a Casa do Queixo de Grixalba.

Por outra banda, aproveitamos a ocasión para presentar www.manxares.com, dedicada a promover e apoiar a produción agroalimentaria do territorio e que pretende ser un escaparate da calidade e da variedade de produtos que poden atoparse nas comarcas de Arzúa e Melide e nos concellos de Curtis e Vilasantar. Entre todos os que participan en manxares.com atópanse, como non, aqueles que exerceron de anfitrións nestas Xornadas.

Esta iniciativa contou coa atención dos informativos da TVG, podedes ver a reportaxe no seguinte enlace: