NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


O GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL GDR UTM É UNHA ASOCIACIÓN SEN ÁNIMO DE LUCRO FORMADA POR ASOCIACIÓNS, CONCELLOS, SATs, COOPERATIVAS E OUTRAS ENTIDADES DOS CONCELLOS DE MELIDE, SANTISO, TOQUES, SOBRADO, ARZÚA, TOURO, O PINO, BOIMORTO E VILASANTAR. TEMOS AS PORTAS ABERTAS. SOLICITA A ENTRADA.

NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


Visita turística ó territorio (Galego)




1 oct. 2015

Proceso participativo para o deseño do Leader 14-20

O Programa de axudas europeo Leader que xestionamos dende o Ulla Tambre Mandeo chega a súa fin. Estanse comprobando e poñendo en marcha os últimos investimentos, e a final de ano pagaranse as últimas subvencións con cargo a este programa.
Pero isto non remata aquí. Un novo Grupo de Desenvolvemento Rural, cunha nova distribución territorial e un novo orzamento, serán os encargados de seguir traballando dende o ano que ven ata o 2020.
As principais características do Leader consisten no seu carácter local e participativo, onde somos nós, os axentes do territorio, os que definimos a estratexia a seguir para lograr un desenvolvemento rural axeitado.
No novo período hai menos orzamento para o Leader, e por iso os territorios téñense que reestruturar, pasando, en Galicia, de 31 GDRs a 21.
A nova distribución territorial dependerá do que os concellos e as asociacións de cada concello, estimen convinte. A Xunta de Galicia fixo tres propostas e enviou tres mapas posibles. Agora ten que ser a poboación a que determine se esas propostas son as que máis se adaptan á realidade socio-económica do territorio. E por iso a Xunta de Galicia habilitou un prazo de ALEGACIÓNS, ata o 13 de outubro, aberto a todo o mundo, particulares, asociacións, empresas...
Se tes interese en coñecer estas propostas, e opinar, tanto sobre o mapa como sobre o réxime que rexirá as axudas para o próximo período, ponte en contacto co GDR e che faremos chegar toda a información.
Porque NO RURAL DECIDES TI!! PARTICIPA!!