NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


O GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL GDR UTM É UNHA ASOCIACIÓN SEN ÁNIMO DE LUCRO FORMADA POR ASOCIACIÓNS, CONCELLOS, SATs, COOPERATIVAS E OUTRAS ENTIDADES DOS CONCELLOS DE MELIDE, SANTISO, TOQUES, SOBRADO, ARZÚA, TOURO, O PINO, BOIMORTO E VILASANTAR. TEMOS AS PORTAS ABERTAS. SOLICITA A ENTRADA.

NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


Visita turística ó territorio (Galego)




7 mar. 2012

Celebración da Xunta Directiva e visita do Grupo Lundaland

O Grupo de Desenvolvemento Rural Ulla Tambre Mandeo continúa coa xestión do Programa  Leader 2007-2013. O pasado xoves, 1 de marzo, celebrouse a primeira Xunta Directiva do ano 2012. As 25 entidades que compoñen o órgano directivo da Asociación trataron, como tema prioritario, a selección dos proxectos que solicitaron as axudas do programa europeo e que obtiveron a verificación por parte de Agader. Do mesmo xeito, tamén se incluíron na orde do día asuntos propios do funcionamento interno do GDR como son a proposta da celebración da Asemblea Xeral para o vixente ano, o estado actual dos fondos asignados e comprometidos e as futuras planificacións no eido da difusión e valorización do territorio.

Por outra banda, o GDR Ulla Tambre Mandeo recibíu na mesma semana a visita do Grupo Leader Lundaland de Suecia, os integrantes do grupo sueco están interesados en desenvolver un proxecto de cooperación interterritorial sobre o turismo de peregrinos e as posibles accións para implementar os seus efectos positivos no resto do territorio polo que transcorre. Á devandita reunión sobre cooperación tamén asistiu o GAL Mendinet, procedente do País Vasco. Ademais do intercambio de intereses sobre cooperación o Grupo sueco familiarizouse de primeira man coa realidade do territorio do GDR Ulla Tambre Mandeo analizando con especial interese a influencia do Camiño de Santiago no desenvolvemento do mesmo. Por outra banda, cabe resaltar que en Suecia están desenvolvendo o seu primeiro programa LEADER mentres que o territorio do Ulla Tambre Mandeo foi pioneiro do mesmo desde o ano 1991 cando se comezou coa primeira planificación. Por este motivo, na súa estancia, ademais de coñecer distintos elementos patrimoniais das comarcas de Arzúa e Melide así como Curtis e Vilasantar os integrantes do Grupo Lundaland visitarán distintas iniciativas que se levaron a cabo coas axudas Leader tanto de Programas anteriores como do vixente para constatar os beneficios do Programa e do seu enfoque.