NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


O GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL GDR UTM É UNHA ASOCIACIÓN SEN ÁNIMO DE LUCRO FORMADA POR ASOCIACIÓNS, CONCELLOS, SATs, COOPERATIVAS E OUTRAS ENTIDADES DOS CONCELLOS DE MELIDE, SANTISO, TOQUES, SOBRADO, ARZÚA, TOURO, O PINO, BOIMORTO E VILASANTAR. TEMOS AS PORTAS ABERTAS. SOLICITA A ENTRADA.

NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


Visita turística ó territorio (Galego)




27 jun. 2011

Celebración da reunión ordinaria da Xunta Directiva

Hoxe, as 19.00 horas celebrarase a Xunta Directiva do GDR, que tratará, entre outros puntos do día:
A aprobación da solicitude de entrada á Asociación de tres novos socios, que se unen ós 130 existentes na actualidade. Con esta entrada de novas asociacións refórzase a xa de por sí amplia representatividade social nos dez concellos do GDR.
A continuación, informarase sobre os once proxectos que solicitaron unha axuda do programa Leader e que agora mesmo se están tramitando. Estos proxectos suporán un investimento de mais de tres millóns de euros no territorio do GDR. Discutirase a aprobación de catro deles, cuxa tramitación está más avanzada:
-          Mustallar Enerxías S.L. solicitou unha axuda para a creación, en Curtis, dun “centro de control, experimentación e enxeñería enerxética” onde se desenvolverán sistemas avanzados de control de instalacións enerxéticas e se diseñarán e evaluarán sistemas e procesos para a mellora e a optimización de plantas de producción enerxética. Ten un orzamento de 629.520 euros mais IVA, e proponse unha axuda de 250.000 euros.
-         Concello de O Pino vai realizar un proxecto de “Posta en valor do patrimonio natural e cultural de O Pino a través dunha audioguía virtual” no que invertirán 108.404 euros. A subvención proposta é do 100%. Difundiranse, a través da audioguía, tres rutas de sendeirismo con distintas temáticas: panorámica, fluvial e cultural. Este proxecto de novas tecnoloxías vai dirixido tanto á poboación local como a visitantes, turistas e peregrinos.
-         Funeraria San Juan de Touro S.L. creará un tanatorio en Touro, servizo inexistente no concello actualmente. Realizarán un investimento de 480.269 euros, e solicitan unha axuda ó programa Leader de 123.729 €.
 -   Víctor Penas López, instalará en Curtis unha industria de fabricación e comercialización de embutidos e salazóns nunha busca de modernizar e ampliar o seu negocio de venda de produtos cárnicos. Con este proxecto Víctor fará un investimento de 238.258 € dos cales 44.349 € serán aportados polo Programa Leader no caso da súa aprobación.
 Na reunión trataranse tamén outros asuntos, como as actuacións a emprender durante o periodo  que abarca de xuño a decembro para dar difusión ó Programa Leader e ó Grupo de Desarrollo Rural.

Celebración da sesión informatica "A rede de internet Güifi.net: unha posibilidade no medio rural

Hoxe, día 27 de xuño, celebrarase ás 18.00 h no Centro Cultural Luís Seoane de Arca (O Pino) unha charla, aberta ó público en xeral, impartida pola Asociación Valongo, de Sarria, titulada “A rede de internet Güifi.net: unha posibilidade no medio rural”. Nesta conferencia a Asociación Valongo explicará o seu proxecto desenvolvido na comarca de Sarria, na que algúns veciños de varias asociacións crearon a súa propia rede, que agora poden utilizar para dar cobertura de internet en sitios ós que antes non chegaba. Ten ademais outras aplicacións posibles, como a de crear unha radio ou unha televisión, compartir arquivos etc. O proxecto de creación desta rede foi financiado polo Programa Leader no Grupo de Desenvolvemento Rural Os Sete Castros.

7 jun. 2011

Xornada sobre o turismo e a accesibilidade no rural

Mañá 8 de xuño de 2011 celébrase en Ames a Xornada sobre turismo e accesibilidade no rural organizada pola Asociación de GDRs de Galicia en colaboracións con outras entidades do territorio públicas e privadas. Nesta xornada farase un achegamento ós problemas de accesibilidade cos que se atopan as persoas con mobilidade reducida no rural e debatirase sobre a necesidade de mellorar neste ámbito nun dos sectores máis rendibles da economía: o turismo. Trátase de reflexionar como unha necesidade social pode converterse nun nicho de mercado por explotar.
Con motivo da asistencia do equipo técnico do GDR Ulla Tambre Mandeo a esta xornada comunicámosvos que a oficina permanecerá pechada o día 8 de xuño. Para calquera dúbida ou consulta podedes atoparnos no teléfono 682 738 681.
Para aquelas persoas interesadas en asistir á Xornada, esta celebrarase da seguinte forma:
Lugar: Ponte Maceira (Sede Feiraco), Ames
Hora: 10.00 h.