NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


O GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL GDR UTM É UNHA ASOCIACIÓN SEN ÁNIMO DE LUCRO FORMADA POR ASOCIACIÓNS, CONCELLOS, SATs, COOPERATIVAS E OUTRAS ENTIDADES DOS CONCELLOS DE MELIDE, SANTISO, TOQUES, SOBRADO, ARZÚA, TOURO, O PINO, BOIMORTO E VILASANTAR. TEMOS AS PORTAS ABERTAS. SOLICITA A ENTRADA.

NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


Visita turística ó territorio (Galego)




21 feb. 2013

Esgotadas as prazas para o curso

ESGOTADAS AS PRAZAS
PARA ASISTIR Ó CURSO
SOBRE USOS ALTERNATIVOS
 DO MONTE!!
 
Debido ó gran número de persoas interesadas en participar no curso sobre usos alternativos do monte e pese a incrementar o número máximo de persoas admitidas, o GDR Ulla Tambre Mandeo comunica que están esgotadas as prazas para asistir ó mesmo.
 
En breve, o equipo técnico poñerase en contacto coas persoas finalmente admitidas para darlles todos os detalles con relación ó desenvolvemento do curso.
 
En vista do gran interese amosado, o GDR Ulla Tambre Mandeo contempla a posibilidade realizar unha segunda edición deste curso, no caso de contar con novas dotacións orzamentarias na súa medida de promoción do territorio e adquisición de capacidades.

13 feb. 2013

Curso teórico-práctico sobre usos alternativos do monte

O obxecto deste programa formativo é proporcionar coñecementos a un grupo de persoas sobre os posibles usos complementarios ou alternativos das superficies adicadas a monte (monte baixo ou explotado forestalmente), mediante a proposta duns posibles usos. Tódalas temáticas se abordarán para producir baixo o sistema de produción ecolóxica certificada.
 
Plantas aromáticas e mediciñais
Sábado 02/03/2013
Horario: 10.00 a 14.00
Lugar: Escola de Agricultura Ecolóxica de Vilasantar (Coord. 43.079442, -8.121418)
Temario:
Teoría:   Regulamento europeo de produción ecolóxica
Variedades. Características botánicas, adaptación e aptitudes
Planificación e deseño de plantacións.
Preparación do terreo
Práctica: Sementeira de diversas plantas medicinais e aromáticas
 
Sábado 09/03/2013
Horario: 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00
Lugar: Escola de Agricultura Ecolóxica de Vilasantar (Coord. 43.079442, -8.121418)
Temario:
Teoría: Fertilización
Mantemento do solo
Protección fitosanitaria, pragas e enfermedades
Colleita das plantas aromáticas
Postcolleita. Almacenamento e conservación
Comercialización e mercado das plantas aromáticas e medicinais en ecolóxico
Práctica: Práctica de control de pragas e enfermidades en ecolóxico . Coidados e mantemento do cultivo

A produción de froitos do bosque
Sábado 06/04/2013
Horario: 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00
Lugar: Escola de Agricultura Ecolóxica de Vilasantar (Coord. 43.079442, -8.121418)
Temario:
Teoría:   Regulamento europeo de produción ecolóxica
Variedades. Morfoloxía, e taxonomía. Adaptación a Galicia
Requirimentos edafoclimáticos
Propagación
Material vexetal (variedades)
Plantación
Adubado e rega
Mantemento do solo
Poda
Pragas e enfermidades
Recolección dos froitos do bosque
Comercialización
Práctica: Sementeira de diversas plantas de froitos do bosque
Coidados e control de pragas e enfermidades en ecolóxico
 Apicultura
Sábado 04/05/2013
Horario: 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00
Lugar: Concello de Toques (lugar exacto por determinar)
Temario:
Teoría:   Normativa de produción de mel ecolóxico
Manexo ecolóxico do apiario
Enfermidades e tratamentos ecolóxicos para as colmeas
Extracción do mel
Prácticas de extracción do mel, polen e propóleos
Extracción do polen e propóleo
Sistema de trazabilidade do mel ecolóxico
Comercialización e mercado do mel ecolóxico.
Práctica: Coidado do apiario e tratamento de pragas e enfermidades en ecolóxico
  Extracción do polen e propóleo
 
Días 23 e 24 de maio: visita a unha empresa especializada en plantas aromáticas.
Nota: soamente poderán asistir á visita aquelas persoas que asistan a tódalas sesións formativas dos tres módulos.

7 feb. 2013

Curso sobre usos alternativos do monte

O GDR comeza a poñer en marcha as iniciativas de difusión e promoción do territorio planificadas para esta anualidade 2013.
Entre as distintas actividades propostas e aprobadas pola Xunta Directiva na última reunión celebrada, destaca a de levar a cabo un Curso informativo e ilustrativo sobre os aproveitamentos do monte distintos á explotación forestal da madeira como a apicultura, a plantación e explotación de froitos silvestres e o cultivo de plantas aromáticas.
O curso terá un carácter teórico e práctico e desenvolverase en tres bloques independentes para poder facilitar a asistencia do maior número de persoas posible; levarase a cabo entre os meses de marzo e maio cun aforo limitado de quince prazas por módulo.
O lugar escollido para impartilo será a Escola Ecolóxica de Vilasantar, un lugar ideal para este tipo de formación posto que conta cunhas instalacións únicas no conxunto do territorio.
Se estades interesadas ou interesados en inscribirvos nesta actividade, podedes facelo xa chamando ó teléfono da oficina técnica do GDR 981 511 377 ou escribindo ó correo electrónico utm23gdr@yahoo.es.

 Podedes atopar todos os detalles sobre este curso no seguinte enlace do programa Espazo Leader de Radio Melide.




1 feb. 2013

Espazo Leader: O Entroido do Ulla en Touro

 

Como xa vimos anunciando, este fin de semana comeza a programación de Entroido no concello de Touro, un programa cheo de actividades para todos os gustos: rutas de sendeirismo, feira tradicional, degustación de pratos e sobremesas do entroido etc.
A programación culminará cos actos máis tradicionais do Entroido do Ulla, especialmente, coa actuación dos Xenerais, a figura máis emblemática desta festa.
Os concellos nos que se leva a cabo esta tradición uníronse para promocionala no ámbito galego e conseguir que a declaren nun futuro Festa de Interese Turístico.
De todo isto e moito máis falounos un dos rapaces que actuou en varias ocasións como Xeneral, David Fernández.
Podes escoitar a súa intervención no seguinte enlace:

 

 Se queredes gozar dun auténtico Entroido tradicional e coñecer un fermoso concello á beira do río Ulla, pasádevos por Touro en febreiro!