NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


O GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL GDR UTM É UNHA ASOCIACIÓN SEN ÁNIMO DE LUCRO FORMADA POR ASOCIACIÓNS, CONCELLOS, SATs, COOPERATIVAS E OUTRAS ENTIDADES DOS CONCELLOS DE MELIDE, SANTISO, TOQUES, SOBRADO, ARZÚA, TOURO, O PINO, BOIMORTO E VILASANTAR. TEMOS AS PORTAS ABERTAS. SOLICITA A ENTRADA.

NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


Visita turística ó territorio (Galego)




24 oct. 2013

O GDR e a EFA Piñeiral aprendendo xuntos!

O pasado martes o equipo técnico do GDR e o alumnado do Ciclo Superior de Marketing e Comercio pasaron unha hora e media intercambiando impresións e aprendendo cousas sobre o desenvolvemento rural e o programa Leader. Foi unha xornada participativa e amena que non remata aí. Hoxe unha das alumnas, Alba Pérez, falou no Espazo Leader de Radio Melide sobre este encontro, e, ó longo da semana que ven, outro dos alumnos nos resumirá por escrito o que aprenderon.
Aquí vos deixamos o enlace:
Espazo Leader. Entrevista a Alba Pérez alumna da EFA Piñeiral


4 oct. 2013

Os proxectos do Ulla Tambre Mandeo móvense...

O último trimestre do ano é o momento no que os promotores e promotoras dos proxectos beneficiarios das axudas Leader do GDR Ulla Tambre Mandeo teñen que demostrar a posta en marcha dos seus negocios e actividades..

Moitos deles xa están en marcha e funcionando a pleno rendemento tal e como se reflicte en varias novas e reportaxes que se están a prepar desde os medios de comunicación para contar as súas experiencias.

Un dos proxectos cunha axuda Leader da medida de "dinamización agraria e forestal" tamén tivo o seu pequeno espazo no programa televisivo "O Agro" da TVG.

Foi o caso de Abel Gutiérrez, un emprendedor de 19 anos, que está a efectuar unha plantación de 6 hectáreas de arandos no Meire, en Melide, en plena zona LIC. Isto foi posible polo nulo tratamento químico que reciben estas plantas e polo respeto á biodiversidade que garda este cultivo. As preto de 25.000 plantas xa situadas na "Finca Julieta" terán a súa primeira fructificación destinada ó mercado para consumo en fresco no ano 2015.

Podedes ver a súa reportaxe no seguinte enlace: