NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


O GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL GDR UTM É UNHA ASOCIACIÓN SEN ÁNIMO DE LUCRO FORMADA POR ASOCIACIÓNS, CONCELLOS, SATs, COOPERATIVAS E OUTRAS ENTIDADES DOS CONCELLOS DE MELIDE, SANTISO, TOQUES, SOBRADO, ARZÚA, TOURO, O PINO, BOIMORTO E VILASANTAR. TEMOS AS PORTAS ABERTAS. SOLICITA A ENTRADA.

NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


Visita turística ó territorio (Galego)




29 abr. 2011

Xornada demostrativa sobre cooperativismo


O vindeiro xoves 5 de maio o equipo técnico do GDR Ulla Tambre Mandeo asistirá a unha xornada demostrativa sobre cooperativismo na zona da Limia. O equipo técnico estará acompañado nesta visita por un grupo de produtores de horta do territorio interesados nas axudas do Programa Leader para poñer en marcha o seu propio proxecto. O programa será o seguinte:


10.30 h : Visita a Cooperativa Postoiro, produtora de cebolas.
12.00 h : Visita regadíos, Explotación de pataca en Sandiás e Finca de diversos cultivos explotada pola Xunta.
14.00 h : Descanso para a comida.

15.30 h : Visita a Agrícola Ourensana.
17.45 h : Visita a concesionario Jonh Deere e demostración de maquinaria.


Por mor desta visita a oficina técnica permanecerá pechada, para calquera incidencia poderedes poñervos en contacto con nós a través do número de móbil: 682 738 681

27 abr. 2011

Xornada sobre a Lei de Desenvolvemento Sostible en Lalín

Mañá día 28 de abril terá lugar en Lalín unha Xornada na que participarán poñentes tanto do Ministerio de Medio Ambiente como da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural co obxectivo de acadar un mellor coñecemento da Lei 45/2007 de 13 de decembro así como da súa aplicación en Galicia a través do Programa de Desenvolvemento Rural Sostible.

20 abr. 2011

Proxecto de Cooperación Interterritorial "Novos Poboadores do Rural"

O GDR Ulla Tambre Mandeo será o coordinador ou "xefe de fila" do proxecto de cooperación interterritorial denominado "Novos Poboadores do Rural" presentado á convocatoria estatal do Ministerio de Medio Ambiente, Rural y Marino. Este proxecto pretende fixar poboación no rural a través de accións que consoliden un programa de boa acollida ós novos poboadores en distintos aspectos da vida cotiá. O GDR asume este gran reto polos obxectivos que persegue pois é ben sabido que un dos principais aspectos negativos para o desenvolvemento que presenta o seu territorio é a perda de poboación.
Os GDRs que acompañarán ó Ulla Tambre Mandeo se o proxecto resulta ser escollido ubícanse en comarcas de Castela e León, Madrid e Galicia. 

Proxecto LIFE Margal-Ulla

A Xunta de Galicia no marco do Programa LIFE+ da Unión Europea está a desenvolver para o período 2010-2015 o Proxecto Margal-Ulla para a recuperación das poboacións de náiades ou "mexillóns de río" e da toupa de río na cunca do Ulla. Estas dúas especies perderon gran parte da súa poboación no último século como consecuencia do empeoramento considerable das condicións ecolóxicas dos ríos galegos.
Este proxecto está coordinado pola Consellería do Medio Rural en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela e o organismo Augas de Galicia, as accións que desenvolverá buscarán contribuír á mellora do estado de conservación de ambas especies.
A xerenta do GDR Ulla Tambre Mandeo foi nomeada membro do Comité de Seguemento deste proxecto co que esperamos poder colaborar de maneira satisfactoria por unha mellora na calidade dos ríos e da súa fauna.

Podedes atopar máis información no seguinte enlace: http://margalulla.xunta.es/gl/actuacions

Solicitudes de axuda do Programa Leader 2007-2013

O GDR Ulla Tambre Mandeo xa conta con varias solicitudes de axuda do Programa Leader 2007-2013, dende o equipo técnico do GDR queremos felicitar ós promotores por demostrarnos o dinámico e emprendedor que resulta o noso territorio. Aínda que cada un se atopa nunha fase de tramitación distinta agardamos que o proceso sexa o máis rápido posible e poder ver cristalizadas as súas ideas e proxectos no rural proximamente.
Ánimo!