NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


O GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL GDR UTM É UNHA ASOCIACIÓN SEN ÁNIMO DE LUCRO FORMADA POR ASOCIACIÓNS, CONCELLOS, SATs, COOPERATIVAS E OUTRAS ENTIDADES DOS CONCELLOS DE MELIDE, SANTISO, TOQUES, SOBRADO, ARZÚA, TOURO, O PINO, BOIMORTO E VILASANTAR. TEMOS AS PORTAS ABERTAS. SOLICITA A ENTRADA.

NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


Visita turística ó territorio (Galego)




29 ene. 2013

Tempo de Entroido en Touro



Desde o Concello de Touro fannos chegar a programación para o vindeiro Entroido, na primeira quincena do mes de febreiro. Ademais de poder gozar do espectáculo dos Xenerais do Ulla, se vos achegades a Touro poderedes realizar moitas máis actividades: concurso de disfraces, rutas de sendeirismo ó carón do río Ulla e, para recuperar enerxía, a posibilidade de degustar as máis típicas sobremesas de Entroido nos locais do concello. Animádevos!

14 ene. 2013

Os cinco principais problemas do mundo rural


Como parte do traballo de planificación do Programa de Desenvolvemento Rural para o período 2014-2020, os equipos técnicos dos GDRs galegos, están a desenvolver un documento onde se especifican os principais problemas que se atopan no camiño do desenvolvemento no mundo rural así como as posibles solucións a estes problemas.
O pasado xoves 10 de xaneiro dedicamos o programa Espazo Leader de Radio Melide a falar e descubrir solucións ós cinco principais problemas que os GDRs identificaron. 
Para poder ter a visión da poboación local o GDR Ulla Tambre Mandeo abriu, a través do seu facebook, un debate no que calquera persoa podía participar e deixar a súa opinión sobre estes temas:
   - Falta de aproveitamento dos recursos do medio rural
   - Despoboamento e crise demográfica no medio rural
   - Inmobilidade de estruturas (vivenda, terras, etc.)
   - Falta de iniciativa empresarial no rural e apoio institucional e financeiro
   -Envellecemento da poboación rural e falta de xente nova que dinamice os núcleos rurais

Que pensades que hai que facer para solucionar estes problemas?
Estades dacordo en que estes son os cinco principais ou hai algún máis importante que non está citado?

Aínda podedes opinar no Facebook do GDR, se queredes saber que foi o que dixeron os oíntes de Radio Melide, podedes escoitar o programa no seguinte enlace: