NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


O GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL GDR UTM É UNHA ASOCIACIÓN SEN ÁNIMO DE LUCRO FORMADA POR ASOCIACIÓNS, CONCELLOS, SATs, COOPERATIVAS E OUTRAS ENTIDADES DOS CONCELLOS DE MELIDE, SANTISO, TOQUES, SOBRADO, ARZÚA, TOURO, O PINO, BOIMORTO E VILASANTAR. TEMOS AS PORTAS ABERTAS. SOLICITA A ENTRADA.

NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


Visita turística ó territorio (Galego)




28 jul. 2011

O Ulla Tambre Mandeo non pecha por vacacións

A oficina técnica do GDR Ulla Tambre Mandeo manterá as súas portas abertas durante toda a tempada estival para todas aquelas persoas que se acheguen para interesarse polo Programa Leader e polas súas axudas.
Animámosvos a visitar a sede do GDR para coñecer de preto a actividade que nel se desenvolve porque vós podedes ser os próximos que invistan no rural para lograr unha mellora no mesmo.

No rural decides tí!

Benvida ós novos socios do GDR Ulla Tambre Mandeo

Na reunión da Xunta Directiva celebrada o pasado 27 de xuño aprobouse a entrada de catro novos socios na Asemblea Xeral do GDR Ulla Tambre Mandeo:
  1. Concello de Vilasantar, representado por Fernando Pérez, alcalde do municipio.
  2. Asociación de Empresarias Rurais, representada por Minia Varela Antas e situada en Arzúa.
  3. Federación EFA Galicia, representada por Enrique Rodríguez Rendo e situada en Arzúa.
  4. Asociación para o Desenvolvemento da Produción Ecolóxica, representada por Jesús Villanueva López e situada en Arzúa.
Queremos utilizar este pequeno caderno de bitácora virtual para darlles a benvida a todos eles e para animalos a participar activamente no correcto desenvolvemento das accións e iniciativas do GDR Ulla Tambre Mandeo. Agardamos que coa súa colaboración aumente a difusión do Programa e os beneficios que se agardan do mesmo.

Novas planificacións do Plan de Difusión do GDR Ulla Tambre Mandeo

Durante todo o mes de xuño o GDR Ulla Tambre Mandeo estivo deseñando as que serán as súas próximas actuacións no ámbito da difusión do Programa Leader así como de promoción do territorio nos vindeiros meses.
Entre as propostas que se recollen inclúense a elaboración de novo material divulgativo, a elaboración de material fotográfico cos principais recursos do territorio e unha segunda rolda de visitas informativas do equipo técnico nos distintos municipios que compoñen o ámbito xeográfico do Ulla Tambre Mandeo.