NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


O GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL GDR UTM É UNHA ASOCIACIÓN SEN ÁNIMO DE LUCRO FORMADA POR ASOCIACIÓNS, CONCELLOS, SATs, COOPERATIVAS E OUTRAS ENTIDADES DOS CONCELLOS DE MELIDE, SANTISO, TOQUES, SOBRADO, ARZÚA, TOURO, O PINO, BOIMORTO E VILASANTAR. TEMOS AS PORTAS ABERTAS. SOLICITA A ENTRADA.

NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


Visita turística ó territorio (Galego)




13 may. 2014

Asemblea Xeral 2014



Un ano máis, o GDR aproveita a ocasión da Asemblea Xeral para confraternizar e degustar os productos de www.manxares.com, cociñados polos alumnos e profesora do ciclo de repostería do  Instituto Efa Piñeiral.
Previamente á degustación, tivo lugar a Asemblea anual, onde se aprobaron as contas e a memoria anual do 2013, así como o orzamento e actividades para o 2014. O máis destacado, é o orzamento para axudas do Programa Leader, que este ano ascenderá a un total de 512.000 euros.
Por outra banda, a xornada de traballo iniciouse coa celebración dunha Xunta Directiva na que se deu luz verde a un proxecto de creación dunha panadería tradicional con forno de leña na aldea de Grixalba (Sobrado) promovido por David Ares Castro. Así mesmo aprobouse unha nova medida de difusión, que consistirá na tradución ó inglés do vídeo promocional turístico que se presentou fai algo máis dun mes, coa promoción entre peregrinos e visitantes que se acheguen á nosa terra.
Toda unha xornada de traballo que se viu recompensada pola estupenda tarta que podedes ver na foto. Que obra de arte!!