NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


O GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL GDR UTM É UNHA ASOCIACIÓN SEN ÁNIMO DE LUCRO FORMADA POR ASOCIACIÓNS, CONCELLOS, SATs, COOPERATIVAS E OUTRAS ENTIDADES DOS CONCELLOS DE MELIDE, SANTISO, TOQUES, SOBRADO, ARZÚA, TOURO, O PINO, BOIMORTO E VILASANTAR. TEMOS AS PORTAS ABERTAS. SOLICITA A ENTRADA.

NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


Visita turística ó territorio (Galego)




27 jun. 2012

Concurso fotográfico Río Mandeo

A Deputación da Coruña, a través do Proxecto Mandeo convocou un concurso fotográfico para fotógrafos non profesionais. Concederanse tres premios:

• 1o premio: 800 euros

• 2º premio: 400 euros

• 3iro premio: 200 euros

E 23 mencións especiais ó resto de fotografías selecciónadas para ser incluídas no calendario da Deputación. O prazo de presentación está aberto ata o 17 de agosto.
Se tes máis de 18 anos anímate a amosar o mellor da nosa terra! E de paso que sacades as fotos non deixedes de visitar a zona: Curtis, Sobrado, Vilasantar... Hai tanto por descubrir!!

Bases do concurso

13 jun. 2012

Espazo Leader en Radio Melide: Curso para profesionais do turismo

Como sabedes o GDR UTM conta cun espazo semanal en Radio Melide para dar conta das novidades das súas actividades así como da marcha do Programa Leader.

Nesta ocasión, a xerenta do GDR falounos da próxima posta en marcha dun curso formativo para os profesionais do sector turístico do territorio, centrado no ámbito da comercialización e captación de clientes.

Para todas aquelas persoas que esteades interesadas podedes atopar a información no seguinte enlace:

Radio Melide 31.05.2012 : Espazo Leader



ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NO CURSO PARA PROFESIONAIS DO SECTOR TURÍSTICO

O día 26 de xuño dará comezo o curso "PROMOCIÓN E COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS TURÍSTICOS" organizado polo GDR. Esta acción formativa está dirixida a todos aqueles xerentes/as e propietarios/as de negocios do sector do turismo: casas de turismo rural, restaurantes, tendas e actividades complementarias. O curso está orientado á planificación do marketing conxunto entre tódolos asistentes para a súa posterior posta en práctica. Ese carácter práctico é o que definirá esta acción, orientada a mellorar a ocupación no territorio e incrementar o gasto por visitante. Podes inscribirte nas oficinas do GDR ou enviándonos un correo a utm23gdr@yahoo.es. O prazo para anotarse remata o xoves 21 de xuño. O curso estará estruturado en sete xornadas de tres horas cada unha, que versarán sobre os seguintes contidos:

1ª SESIÓN Presentación do programa das sesións e os seus obxectivos Práctica: Propostas de identificación de lanzamento dunha Imaxe Corporativa Elección e Definición das potencialidades que queremos resaltar no Plan Estratéxico

2ª SESIÓN Deseño do Plan de Marketing e da Estratexia de Comunicación. Parte I Definición dos procesos que interveñen na Comercialización Exposición de Casos Prácticos

3ª SESIÓN Deseño do Plan de Marketing e da Estratexia de Comunicación. Parte II Exposición de Casos Prácticos

4ª SESIÓN Definición dun Plan Global de Marketing específico para a zona GDR UTM Fixación de obxectivos Plantexamento de diferentes propostas e elección das mesmas

5ª SESIÓN Plantexamentos de diferentes propostas de actuación e valoración do alcance das mesmas Elección dun Plan de Actuación. Iniciar o deseño do Plan de Actuación

6ª SESIÓN Presentación de propostas para o Plan de Actuación Elección dunha proposta Posta en marcha

7ª SESIÓN Análise dos resultados acontecidos na execución do Plan Estratéxico Comercial Propostas de mellora, modificacións e reorientación precisas para buscar a consecución dos obxectivos plantexados.

1 jun. 2012

Cerne informa sobre a realidade do GDR

O periódico Cerne, da Asociación de Empresarios de Melide, ASETEM, ven de publicar no mes  de maio unha noticia sobre as actividades que desenvolveu o GDR durante o pasado mes, unha xunta directiva na que se aprobaron novos proxectos, a asemblea xeral onde se deu conta da difícil situación orzamentaria que atravesa o Programa Leader e a degustación de pratos elaborados con queixo D.O.P. Arzúa-Ulloa e cociñados polos alumnos de repostería do instituto EFA Piñeiral.

Aquí tedes o enlace ó periódico. Merece a pena botarlle un ollo, ademais da nosa noticia, o Cerne da conta de toda a actualidade local e as numerosas actividades que ASETEM desenvolve:

Periódico Cerne do mes de maio