NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


O GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL GDR UTM É UNHA ASOCIACIÓN SEN ÁNIMO DE LUCRO FORMADA POR ASOCIACIÓNS, CONCELLOS, SATs, COOPERATIVAS E OUTRAS ENTIDADES DOS CONCELLOS DE MELIDE, SANTISO, TOQUES, SOBRADO, ARZÚA, TOURO, O PINO, BOIMORTO E VILASANTAR. TEMOS AS PORTAS ABERTAS. SOLICITA A ENTRADA.

NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


Visita turística ó territorio (Galego)




20 dic. 2010

Finalización da primeira fase do Plan de Difusión

Esta semana finaliza a primeira fase do Plan de Difusión sobre o Programa Leader coas visitas ós concellos de Sobrado dos Monxes e Curtis. A segunda fase do Plan de Difusión continuará no mes de xaneiro coas actuacións que concretamos cos axentes de emprego local neste último mes.
Por outra banda queremos informarvos de que o vindeiro mércores asistiremos á segunda Xornada sobre Cooperativismo organizada polo concello de Santiso, membro do GDR 23 UTM, onde aproveitaremos para informar ós veciños que estean interesados sobre as axudas do Programa Leader. O desenvolvemento  da xornada será o seguinte:
  • Santiso: 13.30 h.
  • Penaposta: 16.30 h.
  • Barazón: 18.00 h.

14 dic. 2010

Sesión informativa do GDR 23 UTM en Santiso

Hoxe con motivo da celebración dunha xornada sobre cooperativismo no concello de Santiso, membro do GDR 23, desplazarémonos para ofrecerlle ás persoas alí reunidas unha breve sesión informativa sobre as axudas do Programa Leader, as sesións terán lugar en tres parroquias distintas do concello nos seguintes horarios:
  • San Román: 16:00
  • Visantoña: 17:15
  • Ribadulla: 18:30
Dende este punto de encontro virtual invitámosvos a participar neste evento!

3 dic. 2010

Proxectos de Cooperación

O equipo técnico do GDR 23 UTM asistiu no mes de outubro a unha xuntanza onde se trataron os proxectos de cooperación que se están preparando dende os distintos GDR de Galicia. Quedamos gratamente impresionadas con todas as propostas se ben non é factible participar en todos. Con esta restricción e dende esta xanela dixital, queremos deixar constancia do noso interese por implicarnos en dous deles e colaborar no seu éxito:
  • "A Galiza Rural no Obxectivo", este proxecto persegue fortalecer e desenvolver a industria audiovisual galega promocionando o mesmo tempo os escenarios naturais da nosa terra para poñer en valor o noso patrimonio artístico, paisaxístico e etnográfico.
  • "Fomento da Innovación no Medio Rural", este proxecto está destinado a deseñar actuacións para a posta en marcha de accións de innovación por parte das empresas e a creación de plataformas de apoio á innovación.