NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


O GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL GDR UTM É UNHA ASOCIACIÓN SEN ÁNIMO DE LUCRO FORMADA POR ASOCIACIÓNS, CONCELLOS, SATs, COOPERATIVAS E OUTRAS ENTIDADES DOS CONCELLOS DE MELIDE, SANTISO, TOQUES, SOBRADO, ARZÚA, TOURO, O PINO, BOIMORTO E VILASANTAR. TEMOS AS PORTAS ABERTAS. SOLICITA A ENTRADA.

NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


Visita turística ó territorio (Galego)




23 feb 2017

Desde o 31 de xaneiro pódense solicitar as axudas Leader 2014-2020 xestionadas polo GDR Ulla Tambre Mandeo,no seu ámbito xeográfico: Arzúa, Boimorto, Melide, O Pino, Santiso, Sobrado, Toques, Touro e Vilasantar.
Nesta nova programación as axudas están dirixidas tanto a proxectos produtivos de diversos ámbitos (mellora da eficiencia enerxética nas explotacións agrarias así como diversificación cara outras actividades non agrarias, transformación de produtos agrarios ou forestais e creación e modernización de pequenas e medianas empresas non agrarias), como a proxectos non produtivos de interese público ou colectivo, promovidos por entidades públicas ou de carácter privado.
Prazo de solicitude: Ata o 31 de marzo de 2017.
Requisitos dos proxectos: a) Estar localizados no territorio do GDR, b) Ser viables técnica, económica e financeiramente para os proxectos produtivos e técnica e financieramente para proxectos non produtivos, c) Axustarse á normativa sectorial que resulte de aplicación, d) Non estar iniciados, e) Ser finalistas.
Poderán ser beneficiarios das axudas: a) as persoas físicas e xurídicas de carácter privado, b) as entidades públicas de carácter local ou comarcal: concellos, mancomunidades, consorcios e entidades dependentes das anteriores, c) as comunidades de montes veciñais en man común e as súas mancomunidades.
Intensidade da axuda:
            - para proxectos produtivos, entre un mínimo do 15% e un máximo dun 50% dos gastos subvencionables; sometido ó baremo de valoración do GDR e respectando os límites máximos de contía da axuda segundo as bases reguladoras.
            - para proxectos non produtivos, entre un mínimo do 30% e un máximo dun 90% dos gastos subvencionables, segundo se encadre a tipoloxía do proxecto nunha ou outra prioridade da EDL (alta, media ou baixa); sometido ó baremo de valoración do GDR e respectando os límites máximos de contía da axuda segundo as bases reguladoras.
Todas aquelas persoas físicas ou xurídicas que desexen promover un proxecto empresarial (produtivo) ou aquelas entidades públicas ou de carácter privado que desexen promover un proxecto non produtivo de interese colectivo, poden dirixirse ó GDR Ulla Tambre Mandeo  para recibir asesoramento a través do seguinte contacto:
Avenida de Lugo, 41 O Pedrouzo-Arca. 15821 O Pino
Teléfono: 981 511 377
Correo electrónico: utm23gdr@yahoo.es
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario