NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


O GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL GDR UTM É UNHA ASOCIACIÓN SEN ÁNIMO DE LUCRO FORMADA POR ASOCIACIÓNS, CONCELLOS, SATs, COOPERATIVAS E OUTRAS ENTIDADES DOS CONCELLOS DE MELIDE, SANTISO, TOQUES, SOBRADO, ARZÚA, TOURO, O PINO, BOIMORTO E VILASANTAR. TEMOS AS PORTAS ABERTAS. SOLICITA A ENTRADA.

NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


Visita turística ó territorio (Galego)




28 abr 2016

REUNIÓNS E DEBATES PARA O DESEÑO DA ESTRATEXIA DE DESENVOLVEMENTO RURAL

Se vives ou traballas nun dos nosos concellos (Arzúa, Boimorto, Melide, O Pino, Santiso, Sobrado, Toques, Touro ou Vilasantar) e che preocupa a calidade de vida, o benestar, o medio ambiente, o sector empresarial, o emprego, a educación, ou calquera outro aspecto das nosas vilas, entón... tes algo que dicir nas reunións que o GDR está a organizar polo territorio.


Unha vez realizado o estudo socioeconómico do territorio (que nos podes solicitar se che interesa lelo), consultadas a tódalas entidades que pertencen ó GDR, e elaborado o DAFO (Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades) a partir destas consultas, chegou a hora de establecer obxectivos, prioridades, medidas e accións concretas, para desenvolver, mediante o Programa Leader, nos próximos 5 anos.


Para poder establecer estes obxectivos e prioridades, é necesario que a xente do noso rural dea a súa opinión e expoña as súas inquedanzas. Para elo temos programadas catro reunións no mes de maio. Elixe a máis próxima, ou a que máis se adapte ás túas necesidades, e participa nela!
10 de maio: Melide. Reunión informativa
12 de maio: Vilasantar. Senda do Desenvolvemento coas empresas beneficiarias do Leader 07-13.
18 de maio: Sobrado. Reunión participativa.
19 de maio: Touro. Senda do Desenvolvemento coas ADLs dos Concellos.


En Melide, o 10 de maio, contaremos coa colaboración de don Javier Blanco, Subdirector da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, que nos informará sobre a normativa que rexirá o Leader 14-20 e as principais actuacións que se poderán financiar:
 

 


En Sobrado, o día 19 de maio, terás unha nova oportunidade de descubrir as oportunidades que brinda o Leader 14-20 que se poñerá en funcionamento a finais de ano.


 Tamén faremos dúas SENDAS DO DESENVOLVEMENTO nas que, ademáis de falar e aprender, daremos un paseo para reflexionar sobre os recursos naturais que temos e sobre a mellor forma de poñelos en valor.

O día 12 de maio contaremos, para a Senda de Desenvolvemento de Vilasantar, coas persoas que recibiron unha axuda Leader 2007-2013 coa que puxeron en marcha os seus negocios ou melloraron os que tiñan.


 


O día 18 de maio en Touro estarán, acompañándonos pola Senda do Desenvolvemento, e o longo da xornada, os Axentes de Emprego e Desenvolvemento Local de cada concello.

 

No rural decides ti!

No hay comentarios:

Publicar un comentario