NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


O GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL GDR UTM É UNHA ASOCIACIÓN SEN ÁNIMO DE LUCRO FORMADA POR ASOCIACIÓNS, CONCELLOS, SATs, COOPERATIVAS E OUTRAS ENTIDADES DOS CONCELLOS DE MELIDE, SANTISO, TOQUES, SOBRADO, ARZÚA, TOURO, O PINO, BOIMORTO E VILASANTAR. TEMOS AS PORTAS ABERTAS. SOLICITA A ENTRADA.

NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


Visita turística ó territorio (Galego)




18 jul 2014

Dous novos proxectos, beneficiarios dunha axuda Leader


Onte, 17 de xullo de 2014, ás 19.00 horas celebrouse no Centro Cultural Luís Seoane de O Pino una nova reunión ordinaria da Xunta Directiva do GDR Ulla Tambre Mandeo.

Nesta reunión someteuse á consideración dos 28 membros da Xunta Directiva a aprobación de dous novos proxectos como beneficiarios dunha axuda do Programa Leader.
O primeiro deles, de carácter productivo, está promovido polo empresario de Melide Javier López, dedicado á prestación de servizos agrícolas e forestais. No seu proxecto contempla a adquisición de novo equipamento para ampliar e modernizar o seu parque de maquinaria e prestar un mellor servizo, o investimento ascende a 50.000 € para o cal se aprobou unha axuda Leader do 26%.

O segundo proxecto é de tipo non productivo, está promovido pola Asociación Cultural A Braña e contempla a rehabilitación e posta en valor do contorno da Igrexa parroquial de Belmil, en Santiso, así como do seu cruceiro. O investimento ascende a 75.000 € para a cal se aprobou unha axuda Leader do 58%.

Coa selección destas iniciativas finalízase a tramitación dos proxectos presentados na convocatoria anterior, pechada o 1 de setembro de 2013, e ábrese unha nova etapa coa tramitación dos proxectos presentados na vixente convocatoria 2014-2015 que o GDR ten aberta desde o pasado 12 de marzo e, para l cual, o Grupo ten concedido un orzamento de 1.250.000 €; destinado, principalmente, á diversificación da economía rural a través da posta en marcha de proxectos productivos.

Na reunión tamén houbo tempo para facer un repaso xeral á situación actual do Programa Leader (número de proxectos en tramitación, orzamento comprometido e disponible, prazos previstos, etc.), xa que o Programa Leader atópase na súa fase final e é necesario conseguir unha xestión o máis eficaz posible para aproveitar ó máximo os fondos concedidos pola Unión Europea.


Podes ver esta información no seguinte enlace de prensa:

El Correo Gallego, 18 de xullo de 2014

No hay comentarios:

Publicar un comentario