NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


O GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL GDR UTM É UNHA ASOCIACIÓN SEN ÁNIMO DE LUCRO FORMADA POR ASOCIACIÓNS, CONCELLOS, SATs, COOPERATIVAS E OUTRAS ENTIDADES DOS CONCELLOS DE MELIDE, SANTISO, TOQUES, SOBRADO, ARZÚA, TOURO, O PINO, BOIMORTO E VILASANTAR. TEMOS AS PORTAS ABERTAS. SOLICITA A ENTRADA.

NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


Visita turística ó territorio (Galego)




13 dic 2012

Curso de empaquetado creativo de agasallos


 
O GDR Ulla Tambre Mandeo, como parte da súa colaboración co Concello de Melide na organización da Feira de Agasallos da Terra para Nadal, levará a cabo un Curso de Empaquetado Orixinal de Agasallos.
 
O curso terá lugar no Salón Rexio do Concello de Melide das 11.00 as 13.00 horas do sábado 15 de decembro, antes da apertura oficial da Feira as 16.00 horas. E de acceso libre, é dicir, poden inscribirse todas aquelas persoas que desexen aprender técnicas orixinais e divertidas para empaquetar agasallos nestas Festas de forma orixinal, para que os nosos vexan que non só nos lembramos deles mercando un regalo senón tamén pasando un ratiño elaborando unha orixinal presentación.
 
Para apuntarse ó curso só tedes que chamar ó teléfono do GDR 981 511 377, dádevos présa porque só quedan 12 prazas!!!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario