NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


O GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL GDR UTM É UNHA ASOCIACIÓN SEN ÁNIMO DE LUCRO FORMADA POR ASOCIACIÓNS, CONCELLOS, SATs, COOPERATIVAS E OUTRAS ENTIDADES DOS CONCELLOS DE MELIDE, SANTISO, TOQUES, SOBRADO, ARZÚA, TOURO, O PINO, BOIMORTO E VILASANTAR. TEMOS AS PORTAS ABERTAS. SOLICITA A ENTRADA.

NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


Visita turística ó territorio (Galego)




19 oct. 2012

Congreso Galego de Desenvolvemento Rural e Leader

Durante todo o ano 2012, os GDRs de Galicia estivemos organizando cursos, xornadas e congresos nos que expertos de tódalas materias relacionadas co desenvolvemento rural e o Leader compartiron con nós o seu coñecemento. Por fin, entre os días 7 e 9 de novembro, serán presentadas as conclusións destes interesantes debates. É un acontecemento único, un congreso sobre o Leader a nivel Galicia dunha dimensión e alcance que nunca se ten feito ata o de agora.
Por medio deste congreso esperamos, non so buscar solucións innovadoras e eficaces ó desenvolvemento do rural galego, senón que tamén esperamos poder transmitir o que o Leader significa, que aporta, e canto lle queda por aportar no rural galego.
 
Chámanos para apuntarte: 981.511.377
 
Tódolos GDRs che damos as gracias pola túa participación. Vémonos no Congreso!

No hay comentarios:

Publicar un comentario