NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


O GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL GDR UTM É UNHA ASOCIACIÓN SEN ÁNIMO DE LUCRO FORMADA POR ASOCIACIÓNS, CONCELLOS, SATs, COOPERATIVAS E OUTRAS ENTIDADES DOS CONCELLOS DE MELIDE, SANTISO, TOQUES, SOBRADO, ARZÚA, TOURO, O PINO, BOIMORTO E VILASANTAR. TEMOS AS PORTAS ABERTAS. SOLICITA A ENTRADA.

NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


Visita turística ó territorio (Galego)




28 jul 2011

Benvida ós novos socios do GDR Ulla Tambre Mandeo

Na reunión da Xunta Directiva celebrada o pasado 27 de xuño aprobouse a entrada de catro novos socios na Asemblea Xeral do GDR Ulla Tambre Mandeo:
  1. Concello de Vilasantar, representado por Fernando Pérez, alcalde do municipio.
  2. Asociación de Empresarias Rurais, representada por Minia Varela Antas e situada en Arzúa.
  3. Federación EFA Galicia, representada por Enrique Rodríguez Rendo e situada en Arzúa.
  4. Asociación para o Desenvolvemento da Produción Ecolóxica, representada por Jesús Villanueva López e situada en Arzúa.
Queremos utilizar este pequeno caderno de bitácora virtual para darlles a benvida a todos eles e para animalos a participar activamente no correcto desenvolvemento das accións e iniciativas do GDR Ulla Tambre Mandeo. Agardamos que coa súa colaboración aumente a difusión do Programa e os beneficios que se agardan do mesmo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario