NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


O GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL GDR UTM É UNHA ASOCIACIÓN SEN ÁNIMO DE LUCRO FORMADA POR ASOCIACIÓNS, CONCELLOS, SATs, COOPERATIVAS E OUTRAS ENTIDADES DOS CONCELLOS DE MELIDE, SANTISO, TOQUES, SOBRADO, ARZÚA, TOURO, O PINO, BOIMORTO E VILASANTAR. TEMOS AS PORTAS ABERTAS. SOLICITA A ENTRADA.

NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


Visita turística ó territorio (Galego)




18 nov. 2010

Benvidos, comezamos a actividade!

O equipo técnico do Grupo de Desenvolvemento Rural GDR 23 UTM Ulla Tambre Mandeo quere dar a benvida a todas aquelas persoas interesadas neste proxecto así como instarvos a utilizar esta ferramenta para que poidades comunicarvos co Grupo e seguir de preto todas aquelas actividades que imos realizando. Agardamos que vos sexa útil a información que aquí atopedes, tanto a que fai referencia ás axudas que xestionamos como outra relacionada coa promoción do noso territorio.

Aproveitamos esta ocasión para informarvos tamén de que na reunión da Xunta Directiva do GDR que se celebrou o 27 de outubro de 2010 nomearonse novos cargos directivos de maneira que os novos cargos son:
Presidente: D. Ovidio Leiva Pereiro (Concello de Santiso).
Vicepresidente 1º: D. Manuel Taboada Vigo (Concello de O Pino).
Vicepresidente 2º: D. Antonio Ángel Fraga Sánchez (Concello de Curtis).
Secretario: D. Pablo Costoya Varela (Cooperativa Melisanto).
Tesoureiro: D. Alfonso Gómez Corzo (Asoc. de Empresarios de Arzúa).


Un saúdo e ata pronto!

No hay comentarios:

Publicar un comentario