Intenso e de pouca duración. Así
foi o curso de fotografía ao que asistimos en Touro. Máis, pese a isto, agora
temos unha idea máis ampla sobre fotografía.
O primeiro día unhos entendían
máis sobre o tema e outros menos, pero grazas á persoa que nos guiou durante os
tres días de curso, Sergio, o único que nos diferenciaba era o tipo de cámara
que tiña cada un, ou supoño que esa era a idea.
Cousas tan básicas como a luz inflúen moito á hora de sacar unha boa
fotografía. Depende de dónde proceda, que tipo de luz sexa, etc., o resultado
pode ser moi bo ou desastroso ata tal punto que non se distinga ningún obxecto.
Outro factor importante é enfocar ben, posto que se non o facemos pode saír a
imaxe borrosa.
O último día puxemos en práctica
os coñecementos que fomos adquirindo. Todos eses botóns que ten a cámara serven
para algo, sí, aínda que non o creades se poñedes a cámara no modo “manual”
ides a ter que utilizalos. Nós xa sabemos, ou, como dixen antes, esa era a
idea.
Déixovos aquí algunas fotos que
fixemos o último día na “Fervenza das Pombas” nas que se pode apreciar a
importancia da luz.
Gracias, Antía por poñer o teu graniño de area no blog e no GDR.
ResponderEliminar