NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


O GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL GDR UTM É UNHA ASOCIACIÓN SEN ÁNIMO DE LUCRO FORMADA POR ASOCIACIÓNS, CONCELLOS, SATs, COOPERATIVAS E OUTRAS ENTIDADES DOS CONCELLOS DE MELIDE, SANTISO, TOQUES, SOBRADO, ARZÚA, TOURO, O PINO, BOIMORTO E VILASANTAR. TEMOS AS PORTAS ABERTAS. SOLICITA A ENTRADA.

NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


Visita turística ó territorio (Galego)




2 feb 2012

Balance do primeiro ano do Programa Leader UTM

O día que se cumpre un ano dende a apertura do período de solicitude das axudas Leader, Ángeles Vázquez, alcaldesa de Melide e María Fernández, xerenta do GDR, acuden á radio local e fan balance da actividade do GDR.

Durante este ano houbo máis de vinte e cinco solicitudes, o cal é un balance moi positivo, se temos en conta a situación económica actual. Non obstante, para poder seleccionar e aprobar as axudas de todos aqueles proxectos que cumpran os requisitos, xeren emprego, sexan responsables co medio ambiente e teñan carácter innovador, será necesario poder aplicar todo o orzamento que Europa ten concedido para este territorio, uns tres millóns e medio de euros.

Tal e como explican Ángeles Vázquez e María Fernández existe a dúbida sobre se parte dos fondos asignados ó Leader do UTM perigan, non obstante o Leader é un dos mellores mecanismos para xerar riqueza e emprego no rural.

No Programa Leader, cunha pequena aportación autonómica, os beneficios no rural multiplícanse por dez, non hai máis que ver os recursos que é capaz de mobilizar. Por cada euro que aporta a Xunta, o Ministerio aporta 1,02 e Europa pon 2,74€. Por exemplo, das axudas aprobadas polo Grupo durante o 2011, por cada euro da Xunta, outros 10,74€ se sumaron ó investimento no rural.

En concreto, a Xunta aportou ó Programa Leader o pasado ano un total neste territorio de 142.614 €, que se traducen en investimentos por un valor total de 1.674.540€, aportando o resto o Ministerio, a UE e o propio promotor. Posto que nin a UE nin o Ministerio puxeron en entredito, a pesar da crise, os fondos do Leader, a ratio 10 a 1 mantense, polo que é máis que probable que a Xunta de Galicia atope os recursos que é necesario aportar para seguir beneficiándose desta ferramenta que Europa nos brinda.

Escoita a entrevista á Alcaldesa de Melide, Ánxeles Vázquez, e á Xerenta do GDR, María Fernández:
Entrevista Radio Melide

O Concello faise eco da noticia:

No hay comentarios:

Publicar un comentario