O Concello de Melide solicitará a entrada no GDR, que será debatida na próxima xunta directiva. Para o GDR é unha "fichaxe" moi importante, pois Melide é o concello que conta con máis poboación (máis de 7.000 habitantes), e, aínda que tiña unha ampla representación no grupo (asociación de empresarios, Melisanto, Fungocerga etc.) a presencia activa do concello tamén é importante para o deseño e aplicación de políticas de desenvolvemento sostible do medio rural no noso territorio.
Tamén a corporación municipal fai unha valoración positiva da súa adhesión, pois tal e como sinala a alcaldesa, Ángeles Vázquez, debe tomar un papel activo e responsable no deseño e planificación do próximo período Leader 2014-2020.
A prensa faise eco da noticia:

No hay comentarios:
Publicar un comentario