Onte, 15 de febreiro de 2012, o equipo técnico desprazouse ata o Centro de Promoción Rural EFA Piñeiral para realizar unha charla-coloquio sobre o desenvolvemento do rural cos alumnos do Ciclo Superior de Xestión Comercial e Marketing e do Ciclo Medio de Panadería, Pastelería e Confitería. Todos eles están participando na actualidade nun proxecto do centro denominado OPILE (Orientación Profesional, Inserción Laboral-Empleo).
O obxectivo principal da charla consistíu en familiarizalos co traballo do GDR e co enfoque Leader transmitíndolles que é imprescindible a implicación de todos no territorio para lograr uns resultados efectivos no ámbito do desenvolvemento rural.
Na sesión, de carácter claramente participativo, os alumnos recibiron información do Programa Leader e do GDR aínda que dedicaron a maior parte do tempo a realizar un traballo práctico de diagnose do territorio, deseño dunha estratexia e definición das actuacións para levala a cabo.
O GDR quere mostrar o seu agradecemento ó equipo do Centro de Promoción Rural EFA Piñeiral por facer posible esta actividade de interacción e debate cos seus alumnos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario