HOXE PASEAMOS POR ……
BOIMORTO
Despois do exercicio desprazarémonos ó núcleo urbano de Boimorto onde, ademais de gozar da amabilidade das súas xentes, poderemos ver o miliario achado en Vilanova no ano 1981 e que da testemuña coas súas inscricións do paso dunha vía de comunicación romana polo territorio do concello en tempos do Imperio.
Como xa vai sendo hora de xantar e o paseo abre o apetito dirixirémonos pola estrada de Sendelle ata a Parrillada Regueiro, máis coñecida entre os que xa tivemos o gusto de comer alí anteriormente pola “Cabrita”, situada nunha encrucillada de camiños como corresponde a un lugar de parada obrigada… Alí degustaremos un estupendo churrasco de distintas carnes que nos dará forza para rematar a visita na Igrexa románica de Sendelle.
Esta igrexa conta cun alto valor arquitectónico e, como podedes observar, pictórico pois nela podemos observar distintas pinturas murais moi interesantes e ben conservadas.
Se queredes saber máis…
No hay comentarios:
Publicar un comentario