NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


O GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL GDR UTM É UNHA ASOCIACIÓN SEN ÁNIMO DE LUCRO FORMADA POR ASOCIACIÓNS, CONCELLOS, SATs, COOPERATIVAS E OUTRAS ENTIDADES DOS CONCELLOS DE MELIDE, SANTISO, TOQUES, SOBRADO, ARZÚA, TOURO, O PINO, BOIMORTO E VILASANTAR. TEMOS AS PORTAS ABERTAS. SOLICITA A ENTRADA.

NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


Visita turística ó territorio (Galego)




2 ene 2012

HOXE PASEAMOS POR ……
ARZÚA
Amence en Arzúa e temos unha xornada enteira por diante para gozar deste Concello no corazón do Camiño Francés. Pola mañá podemos visitar o impresionante Pazo de Brandeso. As súas orixes datan do século XVI e conta cun inigualable entorno onde se poden ver árbores centenarias e xardíns coidados. Un dato máis: este pazo foi utilizado polo escritor Valle-Inclán na súa obra Sonata de Otoño, para desenvolver os amores do Marqués de Bradomín.
Unha vez feita esta parada podemos seguir gozando do día en Arzúa paseando polas paraxes naturais que posúe, por exemplo, a Fervenza das Hortas; no límite do concello de Arzúa con Touro. Conta cunha caída duns 30 metros de altura e ademais da súa beleza podemos atopar no discurso do río distintos muíños exemplo do patrimonio etnográfico galego.

Para repoñer forzas cunha boa comida e pasar unha noite agradable en Arzúa, ímonos achegar á Casa das Corredoiras, en Trasbar, onde poderemos descansar nunha casa con encanto e totalmente accesible, confratenizar cos animais da súa pequena granxa e gozar do entorno na compañía de Carmen Seijo, dona da casa e xerente do negocio.
Se queredes saber máis…




No hay comentarios:

Publicar un comentario