HOXE PASEAMOS POR ……
CURTIS
Na xornada de hoxe da comezo o noso paseo pola ribeira do Mandeo no concello de Curtis. Alí, ademais de gozar da tranquilidade e beleza das súas augas poderemos visitar a Ponte Marzá, moi antiga e obxecto de recuperación recente. Se nos animamos, incluso podemos seguir parte da variante do Camiño Norte de Santiago que discorre polo lugar e que nos levará a coñecer curiosos rincóns do municipio sen posibilidade de perdernos pois conta cunha moi boa sinalización.
A continuación, dirixirémonos ó Restaurante Sabino onde gozaremos do seu bo facer culinario, son especialistas en preparar pratos con carnes da mellor calidade, absolutamente recomendable.
Se queredes saber máis…
No hay comentarios:
Publicar un comentario