Na tarde de onte, 7 de marzo de 2011, a xerenta do equipo técnico do GDR Ulla Tambre Mandeo asistiu a unha reunión na que tamén participaron as compoñentes do equipo técnico do GDR Terras do Deza e o Secretario Xeral do I Cammini D'Europa G.E.I.E, D. Giovanni Pattoneri procedente de Italia. Esta reunión convocouse para discutir a conveniencia da participación do Ulla Tambre Mandeo no proxecto de cooperación de carácter transnacional "Camiños de Europa" na nova fase que se proxecta.
Neste momento a Xunta Directiva do GDR está sendo informada de todos os detalles para poder tomar unha decisión o respecto. Agradecémoslle tanto ó GDR Terras do Deza como ó señor Giovanni Pattoneri o seu interese en colaborar co noso GDR no desenvolvemento deste tipo de proxectos.
O GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL UTM AXÚDACHE A INVESTIR NO RURAL, FACILITA COLABORACIÓN E COOPERACIÓN DE TODOS OS AXENTES SOCIO-ECONÓMICOS DO TERRITORIO, E CONTRIBÚE Á VALORIZACIÓN DOS NOSOS RECURSOS.
NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!
O GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL GDR UTM É UNHA ASOCIACIÓN SEN ÁNIMO DE LUCRO FORMADA POR ASOCIACIÓNS, CONCELLOS, SATs, COOPERATIVAS E OUTRAS ENTIDADES DOS CONCELLOS DE MELIDE, SANTISO, TOQUES, SOBRADO, ARZÚA, TOURO, O PINO, BOIMORTO E VILASANTAR. TEMOS AS PORTAS ABERTAS. SOLICITA A ENTRADA.
NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!
Visita turística ó territorio (Galego)
No hay comentarios:
Publicar un comentario