O Programa de Desenvolvemento Sostible é o documento que concreta o desenvolvemento da Lei 45/2007 de Desenvolvemento Sostible no Medio Rural.
Neste momento está aberto un proceso de participación pública para concretar as actuacións que se acollerán ó Programa no que os GDRs participan canalizando as propostas do territorio.
O GDR Ulla Tambre Mandeo está a desenvolver no presente mes de marzo contactos varios e reunións a nivel municipal para actuar de catalizador das propostas da poboación do territorio sobre posibles actuacións a incluir no Progama e que fan referencia a diversos ámbitos: infraestruturas básicas, comunicacións, implantación das TIC, coidado do medio ambiente, seguridade cidadá, etc.
Se alguén está interesado en facer unha proposta que non dubide en poñerse en contacto co GDR ou en cubrir a ficha de participación pública que aparece na páxina web de Agader no seguinte enlace:
No hay comentarios:
Publicar un comentario