O dez de marzo de 2011 o GDR celebrará a Asemblea Xeral á que se espera que asistan os 130 membros que na actualidade compoñen o Ulla Tambre Mandeo. Os puntos que se tratarán están reflexados na seguinte orde do día:
1. Aprobación da memoria de actividades desenvolvidas durante o pasado ano 2010
2. Aprobación de actividades previstas para o ano 2011
3. Aprobación de contas e informe económico
4. Aprobación do orzamento do 2011
5. Ratificación de cargos da Xunta Directiva
6. Proposta de modificación dos estatutos da Asociación
7. Outros asuntos.
Unha vez rematada a Asemblea Xeral celebrarase unha degustación de aperitivos elaborados con produtos locais no que participaron provedores dos dez concellos que conforman o GDR Ulla Tambre Mandeo.
O horario será o que segue:
20.15 h. Celebración da Asemblea Xeral (1ª convocatoria).
20.45 h. Celebración da Asemblea Xeral (2ª convocatoria).
21.45 h. Degustación de produtos locais.
O GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL UTM AXÚDACHE A INVESTIR NO RURAL, FACILITA COLABORACIÓN E COOPERACIÓN DE TODOS OS AXENTES SOCIO-ECONÓMICOS DO TERRITORIO, E CONTRIBÚE Á VALORIZACIÓN DOS NOSOS RECURSOS.
NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!
O GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL GDR UTM É UNHA ASOCIACIÓN SEN ÁNIMO DE LUCRO FORMADA POR ASOCIACIÓNS, CONCELLOS, SATs, COOPERATIVAS E OUTRAS ENTIDADES DOS CONCELLOS DE MELIDE, SANTISO, TOQUES, SOBRADO, ARZÚA, TOURO, O PINO, BOIMORTO E VILASANTAR. TEMOS AS PORTAS ABERTAS. SOLICITA A ENTRADA.
NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!
Visita turística ó territorio (Galego)
No hay comentarios:
Publicar un comentario