O pasado martes o equipo técnico do GDR e o alumnado do Ciclo Superior de Marketing e Comercio pasaron unha hora e media intercambiando impresións e aprendendo cousas sobre o desenvolvemento rural e o programa Leader. Foi unha xornada participativa e amena que non remata aí. Hoxe unha das alumnas, Alba Pérez, falou no Espazo Leader de Radio Melide sobre este encontro, e, ó longo da semana que ven, outro dos alumnos nos resumirá por escrito o que aprenderon.
Aquí vos deixamos o enlace:
Espazo Leader. Entrevista a Alba Pérez alumna da EFA Piñeiral
O GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL UTM AXÚDACHE A INVESTIR NO RURAL, FACILITA COLABORACIÓN E COOPERACIÓN DE TODOS OS AXENTES SOCIO-ECONÓMICOS DO TERRITORIO, E CONTRIBÚE Á VALORIZACIÓN DOS NOSOS RECURSOS.
NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!
O GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL GDR UTM É UNHA ASOCIACIÓN SEN ÁNIMO DE LUCRO FORMADA POR ASOCIACIÓNS, CONCELLOS, SATs, COOPERATIVAS E OUTRAS ENTIDADES DOS CONCELLOS DE MELIDE, SANTISO, TOQUES, SOBRADO, ARZÚA, TOURO, O PINO, BOIMORTO E VILASANTAR. TEMOS AS PORTAS ABERTAS. SOLICITA A ENTRADA.
NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!
Visita turística ó territorio (Galego)
24 oct 2013
4 oct 2013
Os proxectos do Ulla Tambre Mandeo móvense...
O último trimestre do ano é o momento no que os promotores e promotoras dos proxectos beneficiarios das axudas Leader do GDR Ulla Tambre Mandeo teñen que demostrar a posta en marcha dos seus negocios e actividades..
Moitos deles xa están en marcha e funcionando a pleno rendemento tal e como se reflicte en varias novas e reportaxes que se están a prepar desde os medios de comunicación para contar as súas experiencias.
Un dos proxectos cunha axuda Leader da medida de "dinamización agraria e forestal" tamén tivo o seu pequeno espazo no programa televisivo "O Agro" da TVG.
Foi o caso de Abel Gutiérrez, un emprendedor de 19 anos, que está a efectuar unha plantación de 6 hectáreas de arandos no Meire, en Melide, en plena zona LIC. Isto foi posible polo nulo tratamento químico que reciben estas plantas e polo respeto á biodiversidade que garda este cultivo. As preto de 25.000 plantas xa situadas na "Finca Julieta" terán a súa primeira fructificación destinada ó mercado para consumo en fresco no ano 2015.
Podedes ver a súa reportaxe no seguinte enlace:
26 sept 2013
Manxares.com
O GDR acaba de estrear a súa páxina web de produtos agroalimentarios locais de calidade, www.manxares.com Con ela preténdese dar a coñecer un pouquiño máis a riqueza gastronómica do territorio do Ulla Tambre Mandeo. Na rede non se pode probar, pero esperamos que vos entren as ganas e vos acheguedes á nosa terra.
E por suposto, temos una pestaña para o Teu Horticultor Ideal, se vives na Coruña, estás de sorte! podes solicitar que che leven unha cesta á túa casa con moitos destes ricos alimentos. Non tes máis que poñerte en contacto con Melisanto para comezar a recibila!
Visita a páxina e descubre todo o sabor que hai no Ulla Tambre Mandeo!!!
E se queres descubrir algo máis sobre as persoas que están detrás destas interesantes iniciativas, escoita o Come e Fala dedicado a estes produtos:
Come e Fala da Radio Galega. 25 de agosto

E por suposto, temos una pestaña para o Teu Horticultor Ideal, se vives na Coruña, estás de sorte! podes solicitar que che leven unha cesta á túa casa con moitos destes ricos alimentos. Non tes máis que poñerte en contacto con Melisanto para comezar a recibila!
Visita a páxina e descubre todo o sabor que hai no Ulla Tambre Mandeo!!!
E se queres descubrir algo máis sobre as persoas que están detrás destas interesantes iniciativas, escoita o Come e Fala dedicado a estes produtos:
Come e Fala da Radio Galega. 25 de agosto

24 sept 2013
Unha xornada festiva no GDR coa presentación do seu documental divulgativo
O pasado
venres 20 de setembro, no Centro Cultural Luís Seoane de O Pino, o Grupo de
Desenvolvemento Rural Ulla Tambre Mandeo presentou o seu documental divulgativo
protagonizado polos máis pequenos e pequenas do territorio.
Á
presentación acudiron moitos dos actores e actrices protagonistas, ademais de outras persoas interesadas en asistir ó estreo.
Ademais
da proxección tanto do documental como dun breve vídeo turístico onde se recolle parte do incrible patrimonio cultural e natural do territorio, a xornada completouse coas actividades lúdicas programadas pola Asociación
Xuvenil Feitizo de O Pino, que preparou para nenos e nenas distintos obradoiros
de reciclado e xogos populares, ademais dunha saborosa merenda.
Un dos obxectivos que procura o GDR coa realización desta rodaxe é o de fomentar a participación da poboación local nas súas iniciativas
e amosar a pequenos e maiores o traballo e esforzo de moitas persoas por
revitalizar o rural, avanzar no seu desenvolvemento e deixar un relevo digno do
noso patrimonio e cultura.
Durante
as tres xornadas de rodaxe, levadas a cabo entre xullo e agosto, distintos
rapaces e rapazas do territorio entre os 3 e 18 anos visitaron, acompañados do
equipo técnico do GDR, a totalidade dos proxectos beneficiarios de axudas
Leader desde o ano 2011 ata o momento actual.
Deste
xeito, os propios promotores e promotoras explicaron ós pequenos participantes
todos os detalles dos seus respectivos negocios e contáronlles a súa
experiencia como emprendedores e emprendedoras, así como o papel que xogou
tanto o Programa Leader como o Grupo de Desenvolvemento Rural Ulla Tambre
Mandeo na posta en marcha das súas iniciativas.
Queremos agradecer a colaboración e traballo de todas aquelas persoas, pequenos e maiores, que participaron tanto na rodaxe do documental.
Foi para nós moi agradable e agradecido poder amosarlles en qué consiste o traballo do GDR Ulla Tambre Mandeo.
Foi para nós moi agradable e agradecido poder amosarlles en qué consiste o traballo do GDR Ulla Tambre Mandeo.
17 sept 2013
PRESENTACIÓN DO DOCUMENTAL DO GDR ULLA TAMBRE MANDEO
O vindeiro venres 20 de setembro de 2013 preséntase, no Centro Cultural Luís Seoane de o Pino, o documental do GDR protagonizado polos máis pequenos dos nosos dez concellos.
Coñece a Asociación, o Leader 2007-2013 e os proxectos innovadores do ámbito xeográfico do Ulla Tambre Mandeo da man dos mellores e máis sinceros observadores: os nenos e nenas do territorio!
Reserva a túa entrada no enderezo electrónico documental.gdr@gmail.com!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
