NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


O GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL GDR UTM É UNHA ASOCIACIÓN SEN ÁNIMO DE LUCRO FORMADA POR ASOCIACIÓNS, CONCELLOS, SATs, COOPERATIVAS E OUTRAS ENTIDADES DOS CONCELLOS DE MELIDE, SANTISO, TOQUES, SOBRADO, ARZÚA, TOURO, O PINO, BOIMORTO E VILASANTAR. TEMOS AS PORTAS ABERTAS. SOLICITA A ENTRADA.

NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


Visita turística ó territorio (Galego)




24 sept 2013

Unha xornada festiva no GDR coa presentación do seu documental divulgativo


O pasado venres 20 de setembro, no Centro Cultural Luís Seoane de O Pino, o Grupo de Desenvolvemento Rural Ulla Tambre Mandeo presentou o seu documental divulgativo protagonizado polos máis pequenos e pequenas  do territorio.
Á presentación acudiron moitos dos actores e actrices protagonistas, ademais de outras persoas interesadas en asistir ó estreo.
Ademais da proxección tanto do documental como dun breve vídeo turístico onde se recolle parte do incrible patrimonio cultural e natural do territorio, a xornada completouse coas actividades lúdicas programadas pola Asociación Xuvenil Feitizo de O Pino, que preparou para nenos e nenas distintos obradoiros de reciclado e xogos populares, ademais dunha saborosa merenda.
Un dos obxectivos que procura o GDR coa realización desta rodaxe é o de fomentar a participación da poboación local nas súas iniciativas e amosar a pequenos e maiores o traballo e esforzo de moitas persoas por revitalizar o rural, avanzar no seu desenvolvemento e deixar un relevo digno do noso patrimonio e cultura.
 





 

Durante as tres xornadas de rodaxe, levadas a cabo entre xullo e agosto, distintos rapaces e rapazas do territorio entre os 3 e 18 anos visitaron, acompañados do equipo técnico do GDR, a totalidade dos proxectos beneficiarios de axudas Leader desde o ano 2011 ata o momento actual.
Deste xeito, os propios promotores e promotoras explicaron ós pequenos participantes todos os detalles dos seus respectivos negocios e contáronlles a súa experiencia como emprendedores e emprendedoras, así como o papel que xogou tanto o Programa Leader como o Grupo de Desenvolvemento Rural Ulla Tambre Mandeo na posta en marcha das súas iniciativas.

Queremos agradecer a  colaboración e traballo de todas aquelas persoas, pequenos e maiores, que participaron tanto na rodaxe do documental.

Foi para nós moi agradable e agradecido poder amosarlles en qué consiste o traballo do GDR Ulla Tambre Mandeo.



 
 
 
 
 
 
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario