O pasado martes o equipo técnico do GDR e o alumnado do Ciclo Superior de Marketing e Comercio pasaron unha hora e media intercambiando impresións e aprendendo cousas sobre o desenvolvemento rural e o programa Leader. Foi unha xornada participativa e amena que non remata aí. Hoxe unha das alumnas, Alba Pérez, falou no Espazo Leader de Radio Melide sobre este encontro, e, ó longo da semana que ven, outro dos alumnos nos resumirá por escrito o que aprenderon.
Aquí vos deixamos o enlace:
Espazo Leader. Entrevista a Alba Pérez alumna da EFA Piñeiral
O GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL UTM AXÚDACHE A INVESTIR NO RURAL, FACILITA COLABORACIÓN E COOPERACIÓN DE TODOS OS AXENTES SOCIO-ECONÓMICOS DO TERRITORIO, E CONTRIBÚE Á VALORIZACIÓN DOS NOSOS RECURSOS.
NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!
O GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL GDR UTM É UNHA ASOCIACIÓN SEN ÁNIMO DE LUCRO FORMADA POR ASOCIACIÓNS, CONCELLOS, SATs, COOPERATIVAS E OUTRAS ENTIDADES DOS CONCELLOS DE MELIDE, SANTISO, TOQUES, SOBRADO, ARZÚA, TOURO, O PINO, BOIMORTO E VILASANTAR. TEMOS AS PORTAS ABERTAS. SOLICITA A ENTRADA.
NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!
Visita turística ó territorio (Galego)
No hay comentarios:
Publicar un comentario