NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


O GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL GDR UTM É UNHA ASOCIACIÓN SEN ÁNIMO DE LUCRO FORMADA POR ASOCIACIÓNS, CONCELLOS, SATs, COOPERATIVAS E OUTRAS ENTIDADES DOS CONCELLOS DE MELIDE, SANTISO, TOQUES, SOBRADO, ARZÚA, TOURO, O PINO, BOIMORTO E VILASANTAR. TEMOS AS PORTAS ABERTAS. SOLICITA A ENTRADA.

NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


Visita turística ó territorio (Galego)




10 dic 2015

Maridaxe de doces tradicionais da Terra de Melide e da DO Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia

Seguimos abrindo boca con novas e estupendas catas e maridaxes, porque en Galicia e no rural somos de bo dente!

Para os máis larpeiros e larpeiras temos preparada unha estupenda maridaxe de melindres, ricos e amendoados, grazas á Asociación de Repostería Melide Terra Doce, combinados con estupendos cócteles a cargo da DO Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia.

Terá lugar durante a xornada do 13 de decembro no Palacio de Congresos de Melide, no seo de Manxares, Feira Agrolimentaria de Galicia.

Inscríbete xa! Só temos 35 prazas!


9 dic 2015

Cata comentada de Arzúa-Ulloa, Ternera Gallega e Ribeira Sacra

Reserva xa a túa praza na Cata comentada de Arzúa-Ulloa, Ternera Gallega e Ribeira Sacra; a cal se celebrará no seo de Manxares, Feira Agroalimentaria de Galicia.

Só temos 35 prazas!

Unha oportunidade única para coñecer máis de preto estes tres productos de calidade galega recoñecida. Aprende todos os seus segredos e a sacarlles o mellor partido posible da man de persoal experto. 

Inscríbete!



Programa definitivo de Manxares: cita imprescindible!!

Xa temos o programa de Manxares, Feira Agroalimentaria de Galicia!!



Imprescindible para gozar dos manxares do rural e no rural,  cunha representación de preto de sesenta empresas agroalimentarias elaboradoras de productos galegos de calidade cos que encher a mesa neste Nadal e cun amplo abano de actividades para toda a familia durante a celebración da Feira.

Este fin de semana, pásate por Melide e reserva a túa praza e a dos teus nas distintas catas, maridaxes e actividades que temos preparadas!









22 nov 2015

Manxares: Feira Agroalimentaria de Galicia. Reserva o teu stand

Dende o GDR Ulla Tambre Mandeo organizamos, anualmente, en colaboración co Concello de Melide, unha feira cos produtos locais de calidade, que pretende animar á xente a poñer na mesa do Nadal, produto galego da pequena industria local. Así, na feira hai queixos, embutidos, melindres, licores, marmeladas, setas, pan e empanadas...
 
Este ano gustaríanos contar cunha mostra de todo o rural galego, e por iso temos o prazo aberto para que, se tes unha empresa agroalimentaria no rural e queres dar a coñecer o teu produto, nos chames ou nos envíes un correo para reservar stand. Por favor, envía xunto co nome da empresa, o produto que vendes, a persoa resposable e o teléfono. O prazo para inscribirse remata o día 30 de novembro.
 
A tódolos expositores se lles ofrece, de forma gratuíta, un stand de 3 metros de ancho (que poden ser 2, se así o solicitan), por 2 de fondo, con punto de luz. Se o piden tamén se lles pode poñer un mostrador.

O horario da feira é o sábado 12 de decembro de 16:00 a 20:00 e o domingo de 10:00 a 16:00 horas. Pola mañá faise a montaxe para telo todo listo ás 15:00.

A feira celébrase no Palacio de Congresos de Melide, un recinto pechado. Pola noite hai vixiancia.

Para elixir stand: dentro de cada zona, os expositores elixirán o seu stand por orden de inscrición.

Podes contactar con nós a través do correo electrónico: utm23gdr@yahoo.es ou no teléfono 981.511.377
 
 

 

18 nov 2015

FIN DO LEADER 2007-2013

Despois de cinco anos de actividade, o Leader presentou onte o seu último expediente para o pagamento da subvención. Posto que o día 13 rematou o prazo para emitir resolucións de concesión de axudas, e o día 15 o prazo para xustificar os investimentos do último proxecto que o GDR Ulla Tambre Mandeo tiña aprobado, damos por finalizado o Leader 2007-2013.

Este foi un ano no que temos que felicitar as empresas beneficiarias das axudas Leader, porque xustificaron os investimentos en prazo e forma, sen sustos de última hora, con formalidade e seriedade. Esperamos e desexámoslle que teñan unha boa traxectoria, que vivan do seu negocio no rural, con dignidade e calidade de vida.

Sentimos non poder apoiar máis iniciativas. Houbo proxectos moi interesantes que se quedaron na lista de agarda, sen solución, debido en parte a gran celeridade e efectividade dos que tiñan a axuda aprobada. Porque outros anos houbo renuncias ou certificacións á baixa, que permitiron, no último momento, destinar fondos a proxectos en reserva. Este ano, e contra todo pronóstico (pois había prazos realmente axustados), certificouse e agotouse o 100% do orzamento do GDR, 808.000 euros. O orzamento máis elevado destes últimos anos.

A moitos máis, pero sobre todo a Alberto de Agroforestal González Chento, a Tito e a Manuel de pellets e biomasa Cabado, e a Andrea de Doces Mamá Teresa, queremos manifestarlles a nosa tristeza por non ter podido apoiar a posta en marcha dos seus negocios. Realmente para o GDR tería sido un orgullo, porque son empresas de xente nova, que as pon en marcha con esforzo, e que para nós serían proxectos estrela. Esperemos que no próximo Leader 14-20 teñades outras iniciativas, igual de interesantes, e que nós poidamos, esta vez sí, botarvos unha man.

FOI UN PRACER!!!