Dende o GDR Ulla Tambre Mandeo organizamos, anualmente, en colaboración co Concello de Melide, unha feira cos produtos locais de calidade, que pretende animar á xente a poñer na mesa do Nadal, produto galego da pequena industria local. Así, na feira hai queixos, embutidos, melindres, licores, marmeladas, setas, pan e empanadas...
Este ano gustaríanos contar cunha mostra de todo o rural galego, e por iso temos o prazo aberto para que, se tes unha empresa agroalimentaria no rural e queres dar a coñecer o teu produto, nos chames ou nos envíes un correo para reservar stand. Por favor, envía xunto co nome da empresa, o produto que vendes, a persoa resposable e o teléfono. O prazo para inscribirse remata o día 30 de novembro.
A tódolos expositores se lles ofrece, de forma gratuíta, un stand de 3 metros de ancho (que poden ser 2, se así o solicitan), por 2 de fondo, con punto de luz. Se o piden tamén se lles pode poñer un mostrador.
O horario da feira é o sábado 12 de decembro de 16:00 a 20:00 e o domingo de 10:00 a 16:00 horas. Pola mañá faise a montaxe para telo todo listo ás 15:00.
A feira celébrase no Palacio de Congresos de Melide, un recinto pechado. Pola noite hai vixiancia.
Para elixir stand: dentro de cada zona, os expositores elixirán o seu stand por orden de inscrición.
Podes contactar con nós a través do correo electrónico: utm23gdr@yahoo.es ou no teléfono 981.511.377
Podes contactar con nós a través do correo electrónico: utm23gdr@yahoo.es ou no teléfono 981.511.377
No hay comentarios:
Publicar un comentario