Seguimos abrindo boca con novas e estupendas catas e maridaxes, porque en Galicia e no rural somos de bo dente!
Para os máis larpeiros e larpeiras temos preparada unha estupenda maridaxe de melindres, ricos e amendoados, grazas á Asociación de Repostería Melide Terra Doce, combinados con estupendos cócteles a cargo da DO Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia.
Terá lugar durante a xornada do 13 de decembro no Palacio de Congresos de Melide, no seo de Manxares, Feira Agrolimentaria de Galicia.
Inscríbete xa! Só temos 35 prazas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario