A partir de agora podes consultar as novas e toda a información sobre as axudas do Leader e outros asuntos do territorio, na nosa nova web!!!
www.gdrullatambremandeo.gal
O GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL UTM AXÚDACHE A INVESTIR NO RURAL, FACILITA COLABORACIÓN E COOPERACIÓN DE TODOS OS AXENTES SOCIO-ECONÓMICOS DO TERRITORIO, E CONTRIBÚE Á VALORIZACIÓN DOS NOSOS RECURSOS.
NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!
O GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL GDR UTM É UNHA ASOCIACIÓN SEN ÁNIMO DE LUCRO FORMADA POR ASOCIACIÓNS, CONCELLOS, SATs, COOPERATIVAS E OUTRAS ENTIDADES DOS CONCELLOS DE MELIDE, SANTISO, TOQUES, SOBRADO, ARZÚA, TOURO, O PINO, BOIMORTO E VILASANTAR. TEMOS AS PORTAS ABERTAS. SOLICITA A ENTRADA.
NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!
Visita turística ó territorio (Galego)
9 ene 2018
19 sept 2017
Curso de elaboración de queixo como produtor lácteo tradicional
Aberto o prazo de inscrición para o curso de produtor lácteo tradicional. O obxectivo é aprender a facer un queixo con leite cru, das nosas explotacións, propias ou cercanas, e poder vendelo dunha forma legal.
Dende sempre as mulleres fixeron o queixo na cociña das casas, pola noite, ó calor da lareira. Eses queixos eran para a familia e sempre se venderon os excedentes.
Hoxe en día pódese facer o mesmo, como complemento de renda, ou ben, cunha pequena reforma, pódese destinar un cuarto da casa á elaboración de queixo artesanal, cunha produción simultánea duns 20 queixos.
Calquera destas opcións son as que se van dar neste curso, de 20 horas de duración, que se desenvolverá na primeira semana de outubro de luns a venres pola mañá.
INSCRÍBETE XA CHAMANDO Ó GDR: 981.511.377
23 ago 2017
Curso de axudante de granxa
PRAZO DE INSCRICIÓN ATA O 1 DE SETEMBRO
O Grupo de Desenvolvemento Rural organiza un curso de Axudante de granxa cunha clara orientación ó emprego. Os membros de moitas explotacións leiteiras teñen dificultades para coller un día libre, mesmo nos eventos familiares, como vodas ou comunións, e tamén para coller vacacións.
Para facerse responsable dunha granxa durante uns días fai falta coñecementos sobre os animais e sobre o funcionamento da explotación, coñementos que serán impartidos neste curso.
Ademais haberá unhas horas de formación dedicadas ás novas tecnoloxías no sector primario postas ó servicio do medio ambiente.
As clases teóricas serán impartidas nas instalacións de Melisanto, e aí se potenciará a relación entre titulares de explotacións e alumnado, nun primeiro contacto non formal que, esperemos, derive nunha relación contractual.
As prácticas se farán nas granxas que teñan necesidade deste servizo.
O obxectivo do curso é formar a 20 axudantes de granxa que posteriormente se empreguen neste servizo, ben como asalariados, ou ben por conta propia.
23 feb 2017
Desde o 31 de xaneiro pódense solicitar as axudas Leader 2014-2020 xestionadas polo GDR Ulla Tambre Mandeo,no seu ámbito xeográfico: Arzúa, Boimorto, Melide, O Pino, Santiso, Sobrado, Toques, Touro e Vilasantar.
Nesta nova programación as axudas están dirixidas tanto a proxectos produtivos de diversos ámbitos (mellora da eficiencia enerxética nas explotacións agrarias así como diversificación cara outras actividades non agrarias, transformación de produtos agrarios ou forestais e creación e modernización de pequenas e medianas empresas non agrarias), como a proxectos non produtivos de interese público ou colectivo, promovidos por entidades públicas ou de carácter privado.
Prazo de solicitude: Ata o 31 de marzo de 2017.
Requisitos dos proxectos: a) Estar localizados no territorio do GDR, b) Ser viables técnica, económica e financeiramente para os proxectos produtivos e técnica e financieramente para proxectos non produtivos, c) Axustarse á normativa sectorial que resulte de aplicación, d) Non estar iniciados, e) Ser finalistas.
Poderán ser beneficiarios das axudas: a) as persoas físicas e xurídicas de carácter privado, b) as entidades públicas de carácter local ou comarcal: concellos, mancomunidades, consorcios e entidades dependentes das anteriores, c) as comunidades de montes veciñais en man común e as súas mancomunidades.
Intensidade da axuda:
- para proxectos produtivos, entre un mínimo do 15% e un máximo dun 50% dos gastos subvencionables; sometido ó baremo de valoración do GDR e respectando os límites máximos de contía da axuda segundo as bases reguladoras.
- para proxectos non produtivos, entre un mínimo do 30% e un máximo dun 90% dos gastos subvencionables, segundo se encadre a tipoloxía do proxecto nunha ou outra prioridade da EDL (alta, media ou baixa); sometido ó baremo de valoración do GDR e respectando os límites máximos de contía da axuda segundo as bases reguladoras.
Todas aquelas persoas físicas ou xurídicas que desexen promover un proxecto empresarial (produtivo) ou aquelas entidades públicas ou de carácter privado que desexen promover un proxecto non produtivo de interese colectivo, poden dirixirse ó GDR Ulla Tambre Mandeo para recibir asesoramento a través do seguinte contacto:
Avenida de Lugo, 41 O Pedrouzo-Arca. 15821 O Pino
Teléfono: 981 511 377
22 feb 2017
Notas finais proceso selectivo de Xerente GDR Ulla Tambre Mandeo
Notas Finais segundo a valoración dos aspectos presentados nas bases que rexen a convocatoria do proceso selectivo para a contratación por obra e servizo dos postos de xerente e técnico.
- Notas finais posto de Xerente (preme na ligazon para acceder a información completa).
21 feb 2017
Valoración entrevista do posto de Xerente
Valoración da entrevista do posto de Xerente: Acceso á información (premer na ligazón para ampliar información)
27 ene 2017
Notas finais proceso selectivo do posto de técnico GDR Ulla Tambre Mandeo
Notas finais segundo a valoración dos aspectos presentados nas bases que rexen a convocatoria do proceso selectivo para a contratación por obra e servizo dos postos de xerente e técnico.
- Notas finais posto de técnico (Preme na ligazón para acceder á información completa)
20 ene 2017
Notas da entrevista personal para o posto de técnico
Valoración da entrevista dos aspirantes conforme ás bases que rexen a convocatoria do proceso selectivo para a contratasción por obra e servizo do posto de técnico.
- Notas da entrevista (premer na ligazón para acceder ás notas)
13 ene 2017
Listado de notas definitivas relativas ao proceso selectivo para os postos de xerente e técnico
Publícase a lista definitiva de valoracións:
- Listado de notas/valoracións definitivas (Preme na ligazón para acceder á información)
7 ene 2017
Listado de notas provisionais da proba escrita proceso selectivo do GDR Ulla Tambre Mandeo
Listado de notas/valoracións provisionais da proba escrita relativas ao proceso selectivo do grupo de desenvolvemento rural Ulla, Tambre, Mandeo para os postos de Xerente e Técnico.
- Listado de notas (premer enriba da ligazón para ver o listado)
26 dic 2016
GDR20 - Listado definitivo de admitidos para as probas previstas no proceso selectivo para a contratación do posto de xerente e técnico
Listado definitivo de admitidos para as probas previstas no proceso selectivo para a contratación por obra e servizo dos postos de xerente e técnico por parte do grupo de desenvolvemento rural Ulla Tambre Mandeo (GDR20) na medida Leader do PDR de Galicia 2014-2020.
- Listado definitivo de admitidos (premer enriba da ligazón)
17 dic 2016
GDR 20 Listaxe provisional de aspirantes admitidos e excluidos
Listado provisional de admitidos e excluídos para as probas previstas no proceso selectivo para a contración por obra dos postos de xerente e técnico.
- Acceso ao listado provisional (Premer enriba da ligazón)
2 dic 2016
Comunicación de ERROS GDR UTM
A ASOCIACIÓN GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL ULLA, TAMBRE, MANDEO
Comunica a existencia dun erro detectado nos cadros de baremo de persoal do GDR 20 nas bases da convocatoria para os postos de Xerente e Técnico.
Mais información na seguinte ligazón: Descarga ERROS
Comunica a existencia dun erro detectado nos cadros de baremo de persoal do GDR 20 nas bases da convocatoria para os postos de Xerente e Técnico.
Mais información na seguinte ligazón: Descarga ERROS
22 nov 2016
CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN DE XERENTE E TÉCNICO
A Xunta Directiva do Grupo de Desenvolvemento Rural Ulla, Tambre, Mandeo en reunión celebrada o día 19 de setembro de 2016, dispuxo convocar un proceso de selección para a contratación dun XERENTE e un TÉCNICO, en relación á xestión e aplicación do programa de Desenvolvemento Local de este GDR de conformidade co convenio de colaboración entre AGADER, os GDRs e as bases da convocatoria do LEADER 2014‐2020.
BASES QUE REXERÁN A CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN POR OBRA E SERVICIO DOS POSTOS DE XERENTE E TÉCNICO POR PARTE DO GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL ULLA TAMBRE MANDEO (GDR 20) NA MEDIDA LEADER DO PDR DE GALICIA 2014‐2020.
Podes descargar as mesmas na seguinte ligazón:
BASES QUE REXERÁN A CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN POR OBRA E SERVICIO DOS POSTOS DE XERENTE E TÉCNICO POR PARTE DO GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL ULLA TAMBRE MANDEO (GDR 20) NA MEDIDA LEADER DO PDR DE GALICIA 2014‐2020.
Podes descargar as mesmas na seguinte ligazón:
4 nov 2016
Liñas estratéxicas do Leader 2014-2020 do GDR Ulla Tambre Mandeo
ÁREAS PRIORITARIAS E OBXECTIVOS DO GDR ULLA TAMBRE MANDEO
A continuación reflíctese os obxectivos que ambiciona conseguir o GDR Ulla Tambre Mandeo coa implementación da Estratexia de Desenvolvemento Local.
Preséntanse estruturados coa seguinte metodoloxía:
- Obxectivo transversal e específico do GDR Ulla Tambre Mandeo sobre a mellora da gobernanza local e o incremento da animación social do territorio.
- Distinción entre áreas de actuación prioritarias da estratexia de desenvolvementolocal e áreas importantes da estratexia de desenvolvemento local.
- Dentro de cada área, establécense, xerarquizados:
- Obxectivos xerais. Liñas estratéxicas a seguir relativas a cada obxectivo.
- Obxectivos instrumentais ou “smart”, os cales contan con:especificidade, cuantificación (medición) e temporalización,a cal en todos os casos, coincide coa duración da xestión do Leader 2014-2020.
- Gobernanza local e animación social do territorio
OBXECTIVOS SMART:
1. Que todas as persoas que emprendan un negocio no territorio coñezan o GDR Ulla Tambre Mandeo e as axudas do Leader.
2. Que como mínimo un 70% dos representantes das entidades no GDR participen en actividades ou reunións do GDR polo menos dúas veces ó ano.
3. Que cada ano entren un mínimo de tres novas entidades asociadas ó GDR.
A . Áreas prioritarias da estratexia:
1. Crear emprego de calidade. Obxectivo Leader Galicia: creación e mantemento de emprego
OBXECTIVOS SMART:
1. Crear 25 novos empregos dos cales a lo menos o 20% sexan empregos de calidade (con cualificación de estudos superiores e/ou salarios superiores á media galega)
2. Que polo menos o 30% dos empregos creados no Leader se fagan a persoas incluídas dentro dos colectivos desfavorecidos.
2. Mellora na transformación e comercialización, así como na imaxe, do leite e derivados lácteos e dos produtos agroalimentarios do territorio con marca propia.
Non se financian proxectos agroalimentarios cun investimento superior ós 30.000 euros, pero este sector pódese apoiar a través de formación e difusión, ademais de con axudas a pequenos obradores.
- Incrementar o amor propio e a consciencia da calidade dos produtos locais así
como a súa promoción directa pola poboación e negocios locais.
- Facer do queixo e dos produtos agroalimentarios un produto e reclamo
turístico.
- Dotar de valor engadido ó leite local.
OBXECTIVOS SMART:
1. Consolidación de, polo menos, 20 novos espazos (lineais, “corners”, espacio destacado nas cartas dos restaurantes, anuncios etc.) nos que se promocionen e comercialicen os produtos agroalimentarios locais con marca propia; xa sexa en negocios previamente existentes ou de nova creación.
2. Desenvolvemento por parte do sector, cando menos, dunha iniciativa de actividade de agroturismo, turismo industrial agroalimentario, museo, visitas guiadas, exposicións etc.
3. Incorporación de cómo mínimo dúas iniciativas como o envasado con marca propia, a transformación en queixo, xa sexa amparado pola D.O.P Arzúa-Ulloa ou non, ou a transformación en produtos diferentes do queixo: iogures, xeados, manteca, nata, biscoitos, outros.
3. Diversificación do sector agrario local cara outras actividades ou producións distintas do vacún de leite:
- Fomentar a aparición de novas producións agrarias (diferentes do sector
lácteo) a través das liñas de axuda.
- Promoción dos produtos agroalimentarios do territorio.
OBXECTIVOS SMART:
1. Que polo menos haxa 80.000 persoas que reciban información sobre os produtos agroalimentarios do territorio, a través de medios de comunicación, internet, en persoa, en papel ou outros.
2. Mellorar a visibilidade e comercialización dos produtos locais (producidos ou modificados no territorio), de forma que polo menos o 50% dos visitantes recoñezan, durante o paso polo UTM, un ou máis destes produtos.
4. Mellora na calidade de vida das persoas maiores e/ou da poboación infantil ou contribución á igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres. (Obxectivos Leader Galicia: Igualdade, Crear e mellorar servizos para mellorar o nivel de vida, inclusión social e redución da pobreza)
- Mellorar a calidade de vida das persoas maiores, impulsando, especialmente aquelas iniciativas que permiten un avellentamento digno e de calidade no fogar.
- Mellorar a calidade de vida da poboación infantil, especialmente con aquelas actuacións que favorecen a socialización como parques infantís, garderías, ludotecas, bibliotecas infantís con zona de xogo, instalacións culturais e deportivas especializadas (por exemplo, unha piscina de pouca profundidade con tobogáns) etc.
- Favorecer a visibilización da muller e a súa incorporación á primeira liña da vida política, social, cultural e económica.
- Mellorar a ratio de participación feminina en tódalas áreas do GDR: solicitudes e captación de fondos, participación nas actividades de promoción, formación etc. e representación nos órganos de goberno.
- Impulsar a aposta das empresas locais, tanto as xa asentadas como as de nova creación, por programas internos de programas de igualdade, non discriminación, conciliación familiar, cooperación, etc.
OBXECTIVOS SMART:
1. Que por lo menos un 30% das beneficiarias das axudas Leader sexan mulleres ou empresas de capital 100% feminino, e que o 40% das axudas estean asinadas por mulleres, aínda que o capital sexa mixto.
2. Poñer en marcha como mínimo un proxecto de apoio á poboación infantil que mellore a súa socialización ou un proxecto de atención e mellora da calidade de vida das persoas maiores que viven na casa.
5. Desenvolvemento ambiental na economía local, orientada á redución do consumo de enerxía, á instauración de enerxías renovables, á redución do uso de materiais, da produción de residuos e da emisión de contaminantes á atmosfera e/ou á auga. (Obxectivo Leader Galicia: Fomento dunha economía baixa en carbono, entre outras: enerxías renovables e eficiencia enerxética).
- Novas prácticas máis eficientes en tódolos sectores, con redución da
contaminación, aforro enerxético, superiores ó 40%.
- Fomento das enerxías renovables
- Paso á certificación ecolóxica de explotacións tradicionais, ou creación de novas explotacións que se certifiquen como ecolóxicas.
- Fomento do paso dunha economía baseada na venda de bens, a unha economía baseada na prestación de servizos que redunde na prolongación da vida dos bens e na redución da contaminación mediante a desmaterialización.
- Auditorías enerxéticas en empresas e aquelas medidas contempladas na mesma que permitan a eficiencia (investimentos cos que se acaden aforros por riba do 40% sobre a situación inicial nese elemento, ou períodos de retorno do investimento inferiores a 4 anos).
OBXECTIVOS SMART:
1. Asentamento de (a) 2 empresas do sector ambiental ou empresas que reduzan as emisións efecto invernadoiro ou contaminantes a atmosfera ou a auga, ou ben (b) a introdución de medidas ambientais e de eficiencia enerxética en 6 empresas existentes que reduzan a contaminación polo menos nun 40% con respecto á situación inicial.
6. Impulso á innovación e apoio á instauración de empresas tecnolóxicas e con forte potencial de crecemento (Obxectivo Leader Galicia: Fomentar a innovación e a transferencia do coñecemento).
- Facilitar o uso da tecnoloxía galega nas empresas do territorio.
- Favorecer a relación da universidade e o coñecemento que nela se xera, co
territorio.
- Fomentar a fixación do capital humano, sobre todo a xente nova, no territorio,
mediante a creación de emprego ou autoemprego cualificado.
- Mellorar a capacidade económica do tecido empresarial mediante o asentamento de empresas con forte capacidade de crecemento e innovación.
- Impulsar a aposta das empresas locais, tanto as xa asentadas como as de nova
creación, pola I+D+i nas súas respectivas actividades produtivas e prestacións
de servizos.
OBXECTIVO SMART
1. Asentamento de, polo menos, dez novas empresas no territorio, das que como mínimo o 30% supoñan a aparición dun negocio inexistente ata o momento a nivel municipal.
2. Visibilizar a tecnoloxía e coñecemento empresarial galego entre as empresas locais (polo menos 20), favorecendo o networking e o intercambio de información.
7. Transformación en produtos turísticos dos principais 8recursos patrimoniais do territorio UTM, achegándolle ó público visitante: o modo de vida local, a cultura, a natureza, a etnografía, a gastronomía .... En definitiva, mellorar a súa vivencia no territorio da man dun coñecemento integral e da interacción co mesmo.
Nota: os proxectos que se poidan financiar en torno ó sector turístico dependerá do convenio asinado entre Agader e Turismo.
OBXECTIVO SMART:
1. Creación de polo menos un produto turístico atractivo en torno a un recurso turístico catalogado como prioritario na estratexia.
8. Valorización económica de especies forestais galegas a través de usos e explotacións alternativas.
- Mellorar a rendibilidade económica e sustentable do monte, especialmente nos lugares con figuras de protección. Especies e usos a incentivar: calquera uso social ou económico dos espazos forestais e as especies que habitan neles.
9 Evitar o abandono do monte galego coas súas conseguintes consecuencias medioambientais como, por exemplo, os incendios forestais.
OBXECTIVOS SMART:
1. Que cen persoas do territorio coñezan en profundidade técnicas de xestión forestal e aproveitamento económico das especies recollidas na estratexia ou de usos alternativos do monte, a partir de traballo técnico divulgativo e de concienciación no territorio e que poidan poñelas en marcha.
2. Mellorar a diversificación dos usos e aproveitamentos forestais, así como a rendibilidade do monte, co asentamento de dúas novas empresas relacionadas cos produtos alternativos (froitos, cogomelos, aceites, castaña, etc.) ou coa diversificación de dúas explotacións agrarias do territorio cara estes
aproveitamentos como fonte de renda secundaria.
3. Mellorar o coñecemento do 80% dos comuneiros dos MVMC sobre a diversificación dos usos e aproveitamentos forestais, así como a rendibilidade do monte veciñal en man común coa posible posta en marcha de proxectos técnicos e económicos de ordenación e explotación .
B. Áreas importantes da estratexia:
1. Mellora da imaxe e da comercialización da produción local do territorio (artesanía, souvenirs ou outros produtos).
- Aproveitar a capacidade de arrastre do turismo para outros produtos e outros sectores económicos, especialmente a artesanía e os produtos agroalimentarios.
- Mellora do coñecemento dos nosos produtos e a súa calidade entre a
poboación local e foránea.
OBXECTIVO SMART:
1. Mellorar a visibilidade e comercialización dos produtos locais, de forma que polo menos o 30% dos visitantes recoñezan estes produtos.
2. Desenvolvemento ambiental no tecido produtivo e económico local orientada á reutilización ou valorización de residuos nas explotacións agrarias, na actividade industrial ou en calquera outro sector.
OBXECTIVOS SMART:
1. Contribuír á conservación do medio ambiente co asentamento dunha empresa que teña por obxecto usar subprodutos para a fabricación ou xeración de enerxía, por exemplo, o aproveitamento dos residuos do monte para producir enerxía con biomasa e a súa comercialización e/ou prestación de servizo, ou unha empresa que recicle plásticos para material de construción etc.
3 Valorización do patrimonio, promoción turística ou da xeración de produtos turísticos ou vivencias para turistas baseados en elementos patrimoniais distintos dos recollidos como prioritarios na estratexia.
- Crear produtos turísticos
- Mellorar a experiencia do peregrio no Camiño de Santiago e achegarlle a riqueza do territorio para:
o Incrementar o gasto diario.
o Incrementar o número de días no territorio.
o Conseguir unha segunda visita
- Promoción turística do territorio:
o Camiño Norte e Camiño Primitivo.
o Promocionar e conseguir o recoñecemento oficial da Ruta do Holandés.
o Promocionar o patrimonio arquitectónico e natural do territorio.
Especialmente aqueles elementos determinados como prioritarios na estratexia.
OBXECTIVOS SMART:
1. Facer visible para as persoas que fan o camiño información sobre o territorio, ben en albergues, ou na rúa, no Camiño….en forma de exposición, folletos, mapas, sinalización…. Polo menos durante un verán.
2. Crear polo menos dous negocios que melloren o servizo ó peregrino.
15 jun 2016
Áreas prioritarias e importantes da Estratexia de Desenvolvemento Local do UTM
O pasado martes, 7 de xuño, presentouse na Asemblea Xeral o contido fundamental da Estratexia de Desenvolvemento Local 2014-2020 do GDR Ulla Tambre Mandeo.
Na reunión expúxose o listado de áreas de actuación fundamentais da Estratexia, construídas a partir do proceso participativo dos últimos meses, as cales se reflicten a continuación.
Aínda que estamos xa na etapa final de redacción da estratexia, animámosvos a seguir facendo todas aquelas aportacións que estimedes para enriquecela, coma sempre, a través do noso enderezo de correo electrónico:
_________________________________________________________________________
OBXECTIVO TRANSVERSAL DO GDR:
1. Gobernanza local e animación do territorio.
A. ÁREAS PRIORITARIAS DA ESTRATEXIA:
1. Creación de emprego de calidade no territorio (Obxectivo Leader Galicia: creación e mantemento de emprego)
2. Mellora na transformación e comercialización, así como na imaxe, do leite e derivados lácteos e dos produtos agroalimentarios do territorio con marca propia.
3. Diversificación
do sector agrario local cara outras actividades ou producións distintas do vacún de leite.
4. Mellora na calidade de vida das persoas maiores e/ou da poboación infantil ou contribución á igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres (Obxectivos Leader Galicia: igualdade, creación e mellora de servizos para mellorar o nivel de vida, inclusión social e redución da pobreza).
5. Desenvolvemento ambiental na economía local, orientada á redución do consumo de enerxía, á instauración de enerxías renovables, á redución do uso de materiais, da produción de residuos e da emisión de contaminantes á atmosfera e/ou á auga (Obxectivo Leader Galicia: fomento dunha economía baixa en carbono, entre outras: enerxías renovables e eficiencia enerxética)
6. Impulso á innovación e apoio á instauración de empresas tecnolóxicas e con forte potencial de crecemento (Obxectivo Leader Galicia: fomento da innovación e a transferencia do coñecemento)
7. Transformación en produtos turísticos dos principais recursos patrimoniais do territorio UTM, achegándolle ó público visitante o modo de vida local, a cultura, a natureza, a etnografía, a gastronomía, etc. En definitiva, mellorar a súa vivencia no territorio, cun coñecemento integral e coa interacción co mesmo.
Nota: Considéranse
principais os seguintes recursos patrimoniais: Fervenza das Brañas, San Antolín
de Toques, Ciadella, Mosteiro e Lagoa de Sobrado, Praza do Convento de Melide, río Ulla,
Camiños de Santiago, Igrexa e Batán de Santa María de Mezonzo en Vilasantar,
embalse e ferri de Portodemouros.
8. Valorización económica de especies forestais galegas a través de usos e explotacións alternativas.
Nota: En concreto, incentivarase o
aproveitamento económico das especies recollidas no anexo I do decreto 50/2014, de 10 de abril, polo que
se regulan os aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos e
micolóxicos en montes ou terreos forestais de xestión privada na Comunidade
Autónoma de Galicia e o contido, organización e funcionamento do Rexistro de
Empresas do Sector Forestal. Tamén se incentivará o
aproveitamento de froiteiras, arbustos
con froito, produtos micolóxicos, e outras plantas con tradición en Galicia:
toxo, uces, xestas, vimbios... plantas ornamentais como a camelia, hortensia,
ou as plantas aromáticas e mediciñais. En todo caso, exclúense as coníferas non
recollidas no anexo I do decreto 50/2014, o bambú, as madeiras tropicais, as
recollidas no Real Decreto 630/2013, de 2 de agosto, polo que se regula o
Catálogo español de especies exóticas invasoras, e na lexislación que deste
decreto se derive. Poderase incentivar
calquera actividade que incremente as posibilidades da rendibilidade e
supervivencia das especies anteriormente mencionadas, por exemplo:
-
Actividades de valorización do
espazo: deportivas, educativas, sociais.
-
Actividades de aproveitamento das
especies para todo tipo de usos e produtos:
§ alimentación e
bebida: froitos, cogomelos, licores, té, aceite, mel e calquera derivado dos
produtos forestais.
§ hixiene, saúde
e estética: xabón, aceites, extractos, mediciña homeopática, cremas, unturas
etc.
§ usos
ornamentais de plantas, parte da planta, musgos ou liques
§ reprodución e
venda de especies ou sementes.
§ fabrís como
mobles, monturas e mangos, pipas de fumar, hormas e artesanía en xeral.
§ combustible
fósil, leña ou biomasa
§ Calquera que
utilice subprodutos e refugallos
B. ÁREAS IMPORTANTES DA ESTRATEXIA
1. Mellora da imaxe e da comercialización da produción local do territorio con marca propia (artesanía, souvenirs ou outros produtos).
2. Desenvolvemento ambiental no tecido produtivo e económico local orientado á reutilización ou valorización de refugallos nas explotacións agrarias, na actividade industrial ou en calquera outro sector.
3. Valorización do patrimonio, promoción turística do territorio ou xeración de produtos turísticos ou vivencias para turistas baseados en elementos patrimoniais distintos dos recollidos como prioritarios na estratexia.
16 may 2016
Novas oportunidades para participar no deseño da estratexia de desenvolvemento local do Ulla Tambre Mando
A pasada semana celebráronse as primeiras xornadas participativas da segunda volta, para o deseño da estratexia de desenvolvemento local dos nove concellos que compoñen o GDR Ulla Tambre Mandeo.
Se non puideches asistir á Reunión informativa a Melide, o día 10, ou á Senda do Desenvolvemento de Vilasantar, o día 12, aínda podes participar, coa túa opinión e as túas aportacións, nas vindeiras xornadas do día 18, en Touro, e do día 19, en Sobrado.
Vémonos alí! Lembra, no rural decides ti!
13 may 2016
Pílula informativa: sector forestal
Os montes galegos son
os principais produtores de madeira de España (o 50% da produción estatal). As
empresas do sector madeireiro galego facturan preto de 2.500 millóns de euros o
ano, dando emprego directo a 26.000 persoas no sector.
A produción de
madeira do Estado español só cobre o 46% da demanda, polo que o 54% restante
que se consome actualmente provén doutros países.
Do total da
superficie de Galicia, máis da metade é
forestal (59%). Desta superficie forestal galega, o 65% ten árbores, fronte a
un 81% na provincia da Coruña. A presenza de eucalipto principalmente, e tamén
piñeiro, é moito máis ampla en Coruña (71% do total das plantacións) que na
media galega (máis ou menos a metade das plantacións). As caducifolias
(carballos, castiñeiros…) representan algo máis do 10% do total. Polo tanto na
provincia da Coruña hai menos monte con mato, se o comparamos con Galicia.
Forestal no
Ulla Tambre Mandeo
No Ulla Tambre Mandeo
existe unha porcentaxe de superficie forestal lixeiramente inferior á media
galega, un 53% fronte a un 59% no caso galego para o ano 2011. Para o ano 2014,
a superficie forestal no Ulla Tambre Mandeo diminúe lixeiramente, un 0,69%,
mentres que para o caso galego, a entidade da superficie forestal increméntase
case nun 6%.
Destacan pola gran
importancia relativa da súa superficie forestal os concellos de Toques e
Sobrado, relacionada coa existencia de zonas de montaña como son a Serra do
Careón e a Serra do Bocelo. Por outra banda, por riba da media galega tamén se
sitúan os concellos de Touro e O Pino.
Por outra banda, a
presenza de monte forestal baixo a clasificación de man común é moi diversa
segundo o concello que se analice:
- en cinco concellos (Arzúa, Touro, O Pino, Vilasantar e Santiso) non existe
ningunha comunidade de monte veciñal.
- en tres dos nove concellos, existe unha comunidade de monte veciñal: Sobrado,
Melide e Boimorto.
- en Toques, existen oito comunidades de monte veciñal.
O 75% da superficie
total forestal ten árbores, con diferenzas palpables entre municipios. Os que
máis aproveitan a superficie forestal son Arzúa, Boimorto, Touro, O Pino e
Santiso, con preto do total da superficie forestal arborizada. Por outra banda,
os concellos que máis superficie manteñen como pasteiro, pasteiro arbustivo ou
mato son os de Toques e Sobrado, tal e como se comentaba anteriormente, pola
existencia de zonas de montaña e, no caso de Toques, tamén directamente
relacionado coa protección de arredor do 40% do territorio municipal baixo a
figura da Rede Natura 2000.
No tocante á
actividade económica, o Ulla Tambre Mandeo, conta con preto dun centenar de
empresas forestais segundo o Rexistro da Xunta de Galicia, onde resalta o
concello de Touro no que figuran censadas 31 empresas. A maioría das empresas
están relacionadas coa corta e comercialización directa de madeira e tamén coa
serradura. O subsector industrial da fabricación de madeira, papel e mobles é
moi importante aquí, representa arredor do o 15% do VEB, mentres que no caso
galego é so do 6%.
Ademais, cabe
salientar tres casos concretos que poden supoñer efecto demostrativo ou
capacidade de arrastre na economía local con respecto ó sector forestal:
empresa produtora de madeira de nogueira e cerdeira en Boimorto (Bosques
Naturales), empresa de recollida de castaña (en Melide) e empresa de
fabricación de pellets de biomasa de pronta posta en marcha en Melide (Ramón
Cabado Biomasa).
Para finalizar,
segundo a normativa actual, os montes ou terreos forestais deberán dispoñer dun
instrumento de ordenación ou xestión forestal obligatorio e vixente, xa que a
partir do 2020, non se autorizarán aproveitamentos forestais nos montes que
carezan do mesmo. Segundo o Rexistro de Montes Ordenados da Xunta de Galicia. Só
sete dos montes forestais do UTM contan con proxecto destas características ou
similar, sendo dúas delas propiedade da empresa Finsa.
DEBILIDADES
- Excesiva
especialización en madeira: eucaliptos e piñeiros.
- Escasa
diversificación cara outros aproveitamentos do monte: castaña, froitos
silvestres, cogomelos, etc.
- Escaso
aproveitamento MVMC
- Apenas existen
montes con Plan de Ordenación.
FORTALEZAS
- Características
físicas (climáticas, orográficas, hidrolóxicas, etc.) vantaxosas
- Gran porcentaxe do
monte plantado
- Rede Natura:
garantía de conservación
- Importante número
de empresas forestais
- Industria da
madeira con forte peso relativo na economía local
- Existencia de
empresas con capacidade de arrastre: Castaña, Biomasa, Plantación de especies
de alto valor, Aserpal
AMEAZAS
- Importación
nacional de moita madeira.
- Concentración do
sector forestal galego nos aproveitamentos madeireiros, en especial, naquelas
de menor valor (moita produción, escaso PIB)
- Normativa vixente
que obriga a ordenación (inexistente nos nosos montes).
- Rede Natura: forte
intervención e restricións
OPORTUNIDADES
- Tendencia positiva
da demanda de madeira mundial
- Revisión do Plan
Forestal Galego: posibilidade de maior apoio
Pílula informativa: turismo
O Ulla Tambre Mandeo conta cun rico patrimonio
tanto natural como arquitectónico. Polo lado do natural existen varias figuras
de protección natural, Rede Natura e Reserva da Biosfera en Sobrado dos Monxes,
ademais, o espazo que rodea ó Río Ulla está ben conservado e ten un alto valor
natural, aínda que de momento sen figuras de protección.
No eido do patrimonio relixioso, o Camiño de
Santiago e o Mosteiro de Sobrado están declarados Patrimonio da Humanidade por
parte da Unesco, outros elementos teñen tamén recoñecemento e importancia
turística. Ademais, o UTM reúne a práctica totalidade das épocas, dende os
romanos. Actualmente a creación artística é non obstante bastante máis pobre do
que o foi no pasado, sen ningún aspecto relevante contemporáneo nin no eido da
arquitectura nin noutras artes.
Actualmente o máis vistoso no territorio son
as festas que se celebran, baseadas nos recursos locais e a súa posta en valor,
destacan, entre outros, o Festival da Luz de Boimorto, a festa do Melindre de
Melide ou a festa do Galo Piñeiro do Pino.
Dende o punto de vista turístico, o Camiño de
Santiago é o protagonista indiscutible, con un crecemento continuo nos últimos
anos e un número total de peregrinos de 262.000 peregrinos no último ano
(2015). Os peregrinos veñen maioritariamente andando, e cada vez máis, esta
modalidade é a que máis medra. Na súa maioría son españois, aínda que a
evolución e que haxa cada vez máis estranxeiros, principalmente italianos,
alemáns e portugueses.
O Camiño Francés é elixido por un 65% dos
peregrinos, seguido do Portugués (16%), o Norte (6%) e o primitivo (4%). O
Camiño Francés perde peso a favor, sobre todo, do Portugués, que é o que máis
medra. Non hai datos da chamada Ruta do Holandés, que pasa por Touro, pois de
momento carece de recoñecemento oficial, pero o número de holandeses que fan o
camiño mantense máis ou menos constante ó redor de 3.500 anuais.
Analizando os datos da oferta, existe unha
diferencia abismal entre os concellos con Camiño Francés (Arzúa ten 878 prazas
de aloxamento) e os concellos polos que non atravesa este camiño (30 prazas en
Vilasantar e 23 en Boimorto). Coincide que os de oferta máis escasa son os
atravesados polos Camiños Norte e Primitivo. Nunha posición media atópanse os
concellos bañados polo Ulla, con oferta de turismo rural.
DEBILIDADES
¾
Característica do turismo de
peregrinaxe: gasto mínimo en aloxamento, comercio e hostalaría.
¾
Escasa especialización cara o
turismo internacional, que é o que máis medra.
¾
Escasa oferta de servizos nos
Camiños Norte e Primitivo
¾
Escasa profesionalización.
FORTALEZAS
¾
Proximidade do aeroporto de
Lavacolla
¾
Trazados do Camiño de Santiago
¾
Ampla oferta de servizos no Camiño
Francés
¾
Ampla oferta de turismo rural en
torno ó Ulla e afluentes
¾
Biodiversidade ben conservada no
Ulla e afluentes
¾
Abundante dotación de patrimonio
de tódalas épocas históricas
¾
Recoñecemento do patrimonio
natural a través de figuras de protección
¾
Patrimonio natural: Cova da Serpe
e nacemento Tambre e Mandeo.
¾
Embalse Portodemouros
¾
Festas e eventos culturais de gran
entidade e repercusión exterior
AMEAZAS
¾
Incremento da importancia relativa
do Camiño Portugués
¾
Falta de protección do patrimonio
(BICs pouco actualizados)
¾
Escasa promoción turística do
territorio
OPORTUNIDADES
¾
Incremento do número de turistas
estranxeiros a Galicia
¾
Turismo incipiente nos Camiños
Norte e Primitivo
¾
Recente posta en marcha da Reserva
da Biosfera (Sobrado)
¾
Existencia de iniciativas
supramunicipais para a promoción turística: Mancomunidade do Camiño de
Santiago, Área de Santiago e Goza do Ulla.
¾
Dispoñibilidade de novas
tecnoloxías e novas formas de organización do transporte que permiten
incrementar o gasto do peregrino.
¾
Existencia dun programa europeo de
desenvolvemento rural: Leader
Pílula informativa: sector agrícola e gandeiro
O sector agrario ten un peso relativo moi
superior á media galega, tanto en valor engadido como en porcentaxe de emprego.
Está dominado polas explotacións gandeiras
de produción de leite e os
cultivos de forraxes (máis do 96% da superficie cultivada).
A tendencia é a reducir o número de
explotacións e a incrementar a superficie e tamaño das que sobreviven. Aínda
así a maior parte teñen menos de 10 hectáreas.
Existe transformación e diferenciación do
leite, con gran tradición queixeira da zona. A maior parte da D.O.P. Arzúa Ulloa prodúcese no
noso territorio. Ademais moitas casas fabrican o seu propio queixo, algunhas
con etiquetado. Constátase unha tendencia cara a desaparición destes elaboradores
queixeiros.
O queixo da carácter e identidade ó
territorio e diferéncianos, non obstante non hai interrelación entre o queixo e
o sector turístico e ten escasa capacidade de arrastre no territorio con
respecto a outros sectores e actividades: comercio, educación, investigación…
Existen infraestruturas que se dedicaban á
produción queixeira actualmente abandonadas (planta de fabricación de queixo
tipo parmesano e Arzúa-Ulloa na cooperativa La Arzuana). Existen rumores de que
estas instalacións poderían ser vendidas á capital de fóra o que por unha parte
solucionaría o problema do abandono, pero por outra habería unha fuga dos
beneficios.
Aínda así, unha gran parte do leite
véndese sen transformar e sen diferenciar. Non so no territorio, tamén en Galicia.
A volatilidade dos prezos e os centros de toma de decisións lonxe da produción
supoñen unha ameaza para o sector. Esta ameaza vese un pouco freada no noso
territorio grazas á existencia de fortes cooperativas, que engloban a maior
parte dos gandeiros, e que participan no capital de empresas transformadoras
galegas (Clesa).
A situación xeográfica do UTM posibilita
acceder ós mercados urbanos galegos, sobre todo A Coruña e Santiago.
O clima suave, sobre todo ó carón do Ulla
e a abundancia de auga supoñen unha oportunidade para a produción hortícola. Ademais o centro de distribución de
Melisanto conta cunhas instalacións óptimas e persoal cualificado específico.
Non obstante a produción é escasa.
O consumo de produtos ecolóxicos medra de forma constante, non obstante,
aínda non está xeneralizado nos comercios (moitos non teñen lineal de
ecolóxico). En Galicia falta industria transformadora e empresas de
distribución. No UTM, a escola de agricultura ecolóxica de Vilasantar dota ó
territorio dunhas instalacións que poden dar servizo ós produtores e formación
ás persoas interesadas.
A Política Agraria Común está mudando, por
unha parte ten o coidado do medio ambiente como un dos principais obxectivos o
que de seguro potenciará este sector, pero por outra as novas subvencións
eliminan as cotas de produción e oriéntanse máis cara o aumento da superficie
produtiva.
Por outra parte, existe o risco de que os
acordos con terceiros países (principalmente EEUU) limiten a posibilidade de
diferenciar os produtos pola súa procedencia, por exemplo, as denominacións de
orixe ou as indicacións xeográficas protexidas.
FORTALEZAS
— Clima suave e abundancia auga
— Diferenciación calidade: D.O.P.
Arzúa-Ulloa
— Forte tradición queixeira
— Peso importante da industria agroalimentaria
— Escola agricultura ecolóxica Vilasantar
— Instalacións e persoal Melisanto-horta
— Mercados urbanos cercanos
(Santiago/Coruña)
— Cooperativas fortes
— Existencia de pasteurizadoras nas
queixerías que permitirían vender leite do día
DEBILIDADES
— Falta de diversificación (vacún de leite e
forraxes)
— Escasa dimensión territorial das
explotacións
— Sector lácteo con pouco valor engadido:
falta diferenciación e transformación
— Escasa formación para transformación do
leite (distinto do queixo)
— Infraestruturas produtivas infrautilizadas
(La Arzuana)
— Falta de interrelación do queixo co
turismo e escasa capacidade de arrastre
— Continua desaparición de pequenos
produtores queixeiros e falta de etiquetado.
OPORTUNIDADES
— Desenvolvemento de explotacións hortícolas
— Incremento do consumo de produtos
ecolóxicos
— PAC orientada á produción baixa en carbono
AMEAZAS
— Sector lácteo non estruturado:
volatilidade dos prezos e toma de decisións lonxe da produción.
— Nova PAC: liberalización de mercados
— Tratados de comercio internacionais que
ameazan as Denominacións de Orixe (TTIP)
— Compra de instalacións queixeiras (La
Arzuana) por parte de capital foráneo
— Falta distribución e transformación en
ecolóxico en Galicia
— Tetra brick que permite o consumo do leite
a seis meses
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



