O sector agrario ten un peso relativo moi
superior á media galega, tanto en valor engadido como en porcentaxe de emprego.
Está dominado polas explotacións gandeiras
de produción de leite e os
cultivos de forraxes (máis do 96% da superficie cultivada).
A tendencia é a reducir o número de
explotacións e a incrementar a superficie e tamaño das que sobreviven. Aínda
así a maior parte teñen menos de 10 hectáreas.
Existe transformación e diferenciación do
leite, con gran tradición queixeira da zona. A maior parte da D.O.P. Arzúa Ulloa prodúcese no
noso territorio. Ademais moitas casas fabrican o seu propio queixo, algunhas
con etiquetado. Constátase unha tendencia cara a desaparición destes elaboradores
queixeiros.
O queixo da carácter e identidade ó
territorio e diferéncianos, non obstante non hai interrelación entre o queixo e
o sector turístico e ten escasa capacidade de arrastre no territorio con
respecto a outros sectores e actividades: comercio, educación, investigación…
Existen infraestruturas que se dedicaban á
produción queixeira actualmente abandonadas (planta de fabricación de queixo
tipo parmesano e Arzúa-Ulloa na cooperativa La Arzuana). Existen rumores de que
estas instalacións poderían ser vendidas á capital de fóra o que por unha parte
solucionaría o problema do abandono, pero por outra habería unha fuga dos
beneficios.
Aínda así, unha gran parte do leite
véndese sen transformar e sen diferenciar. Non so no territorio, tamén en Galicia.
A volatilidade dos prezos e os centros de toma de decisións lonxe da produción
supoñen unha ameaza para o sector. Esta ameaza vese un pouco freada no noso
territorio grazas á existencia de fortes cooperativas, que engloban a maior
parte dos gandeiros, e que participan no capital de empresas transformadoras
galegas (Clesa).
A situación xeográfica do UTM posibilita
acceder ós mercados urbanos galegos, sobre todo A Coruña e Santiago.
O clima suave, sobre todo ó carón do Ulla
e a abundancia de auga supoñen unha oportunidade para a produción hortícola. Ademais o centro de distribución de
Melisanto conta cunhas instalacións óptimas e persoal cualificado específico.
Non obstante a produción é escasa.
O consumo de produtos ecolóxicos medra de forma constante, non obstante,
aínda non está xeneralizado nos comercios (moitos non teñen lineal de
ecolóxico). En Galicia falta industria transformadora e empresas de
distribución. No UTM, a escola de agricultura ecolóxica de Vilasantar dota ó
territorio dunhas instalacións que poden dar servizo ós produtores e formación
ás persoas interesadas.
A Política Agraria Común está mudando, por
unha parte ten o coidado do medio ambiente como un dos principais obxectivos o
que de seguro potenciará este sector, pero por outra as novas subvencións
eliminan as cotas de produción e oriéntanse máis cara o aumento da superficie
produtiva.
Por outra parte, existe o risco de que os
acordos con terceiros países (principalmente EEUU) limiten a posibilidade de
diferenciar os produtos pola súa procedencia, por exemplo, as denominacións de
orixe ou as indicacións xeográficas protexidas.
FORTALEZAS
— Clima suave e abundancia auga
— Diferenciación calidade: D.O.P.
Arzúa-Ulloa
— Forte tradición queixeira
— Peso importante da industria agroalimentaria
— Escola agricultura ecolóxica Vilasantar
— Instalacións e persoal Melisanto-horta
— Mercados urbanos cercanos
(Santiago/Coruña)
— Cooperativas fortes
— Existencia de pasteurizadoras nas
queixerías que permitirían vender leite do día
DEBILIDADES
— Falta de diversificación (vacún de leite e
forraxes)
— Escasa dimensión territorial das
explotacións
— Sector lácteo con pouco valor engadido:
falta diferenciación e transformación
— Escasa formación para transformación do
leite (distinto do queixo)
— Infraestruturas produtivas infrautilizadas
(La Arzuana)
— Falta de interrelación do queixo co
turismo e escasa capacidade de arrastre
— Continua desaparición de pequenos
produtores queixeiros e falta de etiquetado.
OPORTUNIDADES
— Desenvolvemento de explotacións hortícolas
— Incremento do consumo de produtos
ecolóxicos
— PAC orientada á produción baixa en carbono
AMEAZAS
— Sector lácteo non estruturado:
volatilidade dos prezos e toma de decisións lonxe da produción.
— Nova PAC: liberalización de mercados
— Tratados de comercio internacionais que
ameazan as Denominacións de Orixe (TTIP)
— Compra de instalacións queixeiras (La
Arzuana) por parte de capital foráneo
— Falta distribución e transformación en
ecolóxico en Galicia
— Tetra brick que permite o consumo do leite
a seis meses
No hay comentarios:
Publicar un comentario