O leite galego é un dos protagonistas na promoción de Manxares; Feira Agroalimentaria de Galicia de Melide, a cal se celebrará este vindeiro fin de semana no Palacio de Congresos.
O domingo 13 de decembro podes participar no concurso de muxido manual da vaca Mazarica, cun estupendo premio para o gañador ou gañadora! Ás 11.30 horas estará lista para o muxido, búscaa no recinto da Feira!
Por outra banda, os máis pequenos da casa xa poden apuntarse ó obradoiro de elaboración de queixo que terá lugar esa mesma mañá, temos 20 prazas dispoñibles, inscríbete xa no GDR Ulla Tambre Mandeo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario