No día de onte trasladámonos a Boimorto para asistir á xornada de presentación do proxecto AGFORWARD, organizada polo Departamento de Produción Vexetal da USC coa colaboración do GDR Ulla Tambre Mandeo.
As persoas asistentes, de moi distinto perfil: gandeiros, agricultores, representantes de montes veciñais, produtores forestais, asesorías centradas no rural, etc; puideron compartir co persoal investigador da Universidade de Santiago de Compostela as súas inquedanzas de futuro, ó tempo que construían un debate sobre os sistemas agroforestais e a súa posible implantación en Galicia.
Queremos agradecer, tamén desde esta pequena fiestra virtual, que a Universidade de Santiago de Compostela pensara no noso territorio para levar a cabo esta presentación e na empresa Bosques Naturales por ensinarnos de maneira tan produtiva e desmostrativa as súas instalación.
Deixámosvos algunhas fotos da celebración da xornada e un enlace a un vídeo ilustrativo do funcionamento destes sistemas en Francia (está subtitulado en portugués, máis enténdese o suficiente), nos que se combinan aproveitamentos forestais e agrícolas para aproveitar as sinerxías entre ambos, a nivel ambiental e produtivo, e diversificar as fontes de renda dunha explotación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario