O Departamento de Produción Vexetal da USC, coa colaboración do GDR Ulla Tambre Mandeo, organiza o 21 de outubro de 2014 un encontro de presentación do proxecto de investigación AGFORWARD.
Esta iniciativa de investigación ten por obxectivo estudar e impulsar os sistemas agroforestais, é dicir, cultivos agrícolas ou explotacións gandeiras que contan con especies arbóreas no mesmo espazo que utilizan para a actividade agraria; analizando as súas características, vantaxes e problemáticas.
Está dirixida a persoas que desenvolvan a súa labor profesional no sector agrario, propietarios e propietarias de explotacións agrícolas e/ou gandeiras.
A xornada conta co seguinte programa:
- Xornada de mañá (10.30 h): encontro de presentación e mesa redonda de intercambio de ideas (edificio do Concello de Boimorto)
- Xantar (nun restaurante de camiño á visita establecida para a tarde)
- Xornada de tarde: visita instalacións empresa Bosques Naturales (A Mota, Boimorto).
No hay comentarios:
Publicar un comentario